Verquidos na praia de Razo
O PP de Carballo remítenos unha nota de prensa na que denuncia a existencia de verquidos de augas fecais na praia de Razo.
Segundo o PP, "foron centos de persoas as que, con grande indignación, nos pasados días poideron comprobar como en varios puntos da praia se producían verquidos de augas sucias que se repiten de xeito frecuente", e acusa ó goberno de non ter feito nada para evitalos nin señalizalos.
Esta situación non é nova. Xa hai tempo que se produce e está á vista de todos na zona do Cordobés. Como sabemos, Razo conta cunha bandeira azul. Cómo é posible que se concedan bandeiras azuis a praias que sofren problemas deste tipo? Sendo unha situación flagrante, supoñemos que o goberno municipal coñece (ou cando menos debera coñecer) a situación, por qué non fixo nada para evitalo?
Os populares reclaman do Alcalde que, "ademais de adicarse a face-la foto coa bandeira azul, actúe coa responsabilidade que a dita enseña lle exixe e dea solución a un problema que menoscaba gravemente a salubridade da praia, provocando unha deplorable imáxen dos nosos areais". Neste caso, razón non lles falta.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home