Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, julio 06, 2007

Pedro e o Lobo


Recibimos un correo sobre a suposta existencia dunha nova droga chamada “Progesterex”, que sería usada por abusadores sexuais e provocaría esterilidade nas mulleres. A fonte de procedencia da noticia dáballe verosimilitude. Pero non é certo. Non existe tal droga.

Trátase doutro bulo máis dos que circulan por Internet, que incluso está conceptuado como virus polo Centro de Alerta Antivirus (organismo oficial que depende da Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información). Podedes comprobalo nesta páxina ou nestoutra. Así que xa o sabedes: se recibides ese correo non o reenviedes, é spam.

Habería que ter máis cuidado e non difundir “noticias” inveraces, porque pode pasar como no conto de “Pedro e o Lobo”.




1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Esto de los hoax es terrible hoy Luis del Olmo ha soltado en antena el bulo ese de la Leptopirosis en la lata de Coca Cola y nadie le ha desmentido

6/7/07 20:51

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner