Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, junio 19, 2007

Alberto Sueiro volve a reclamar reduccións da peaxe


Mañá debatirase no Parlamento galego a proposición non de lei presentada polo diputado carballés do Partido Popular, Alberto Sueiro, na que insta á Xunta a negociar coa empresa concesionaria da Autoestrada A Coruña – Carballo a instalación de sistemas de telepagamento que fagan máis fluído o tráfico nesa vía de alta capacidade, para equiparar a dotación técnica da vía coa doutras autoestradas con elevada densidade de tráfico, como a do Atlántico, e así mellorar a fluidez da circulación.

O PP tamén reclama a flexibilización do sistema de tarifas, de xeito “que, polo menos, os usuarios habituais da vía podan acceder a reducións, descontos ou bonificacións das peaxes que aboan a cotío para utilizar esa vía.”

Segundo a nota de prensa, Sueiro considera que “o bipartito carece de argumentos para dilatar este asunto unha vez que anunciou a gratuidade do último tramo da autoestrada Santiago-Ourense”.

O voceiro de Economía dos populares galegos recorda ...o antecedente fixado pola Xunta que permitiu suprimir as peaxes da Autoestrada do Atlántico na Ponte de Rande e no acceso á Coruña desde A Barcala para os usuarios residentes na área metropolitana da cidade herculina de Vigo.

A xuízo do deputado de Carballo, "despois de destinar arredor de 300 millóns de euros desde o ano 2010 ata o 2048 para financiar a supresión da peaxe de Rande, a Xunta carece de argumentos para non negociar coa concesionaria da autoestrada A Coruña-Carballo unha flexibilización das tarifas aplicables aos seus usuarios habituais."

Sueiro Pastoriza considera que logo do recente anuncio de que o último tramo da autoestrada Santiago-Ourense vai ser libre de peaxe, a Xunta de Galicia "esgotou calquera argumento co que opoñerse a flexibilizar as tarifas da vía que comunica A Coruña con Carballo."

Resulta unha mágoa que nos tempos de Cuiña a Xunta non adoptara esas medidas. Sería que o barón do Deza estaba máis preocupado por outras cuestión sucesorias. E agora seguimos a padecer aos que prometeron a autoestrada libre de peaxe. Cos de antes e cos de agora, a pagar toca (menos mal que o alcalde de Carballo non para de convocar manifestacións).

17 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Moitas ideas dan os do PP, magoa que o Sr. Fraga e companhia decidiran ampliar as concesions xusto no momento no que se atopaba de presidente da xunta en funcions. Queria deixar atado e ben atado o futuro dos seus amigos das autopistas e minicentrais. Patetico que agora esixan...

20/6/07 10:26

 
Anonymous Anónimo said...

E daquela por qué prometíades a liberación da peaxe? Non sabíades o da ampliación das concesións ou estabades engañando á xente cunha liberación de peaxe que sabíades que era imposible? O que é patético é que pensedes que nos chupamos o dedo.

20/6/07 13:24

 
Anonymous Anónimo said...

Xa estan as novas xeracions do PP ladrando. Xa sei que os vecinhos carballeses non se chupan o dedo, por iso 3 concelleiros que perdiu o PP os subiu o BNG. Sempre souben que os de Carballo eramos listos.

20/6/07 15:35

 
Anonymous Anónimo said...

jajajajajajajaja, moi bo si señor.

hay quen ainda non curou do golpe que levou o 27 M

20/6/07 17:47

 
Anonymous Anónimo said...

Y hai quien aynda no sabe escrybyr i tyene que recurryr al anormalizador.
En serio, si la autopista la pusieron de peaje los del pp, es ahora vuestro momento de eliminarlo. Yo os voté sólo por eso. Así que, ya sabéis.

20/6/07 23:11

 
Anonymous Anónimo said...

entón que che devolvan o voto...jejejee

21/6/07 11:57

 
Anonymous Anónimo said...

Pensas que che imos creer que votaches ao BNG anonimo das 23,11. Jajaja.

21/6/07 15:25

 
Anonymous Anónimo said...

De pena a intervención de sueiro no parlamento

http://es.noticias.yahoo.com/ep/20070620/tlc-el-parlamento-demanda-descuentos-en-4e53997.html

"Fue el PPdeG quien lo puso (en referencia al peaje), pero no fuimos quien prometimos quitarlo"

in-creible. Polo menos avergóncese do seu partido Sr. Sueiro, e non teña tanta cara, que o que vostedes venderon por 3 agora costa rescatalo 300.

un pouco de por favor.

21/6/07 17:33

 
Anonymous Anónimo said...

Soy el anónimo de las 23.11 y le voté al PSOE (en las autonómicas- por ahora los alcaldes de Carballo no pueden rescatar peajes)¿ou pensas que todo o que non lle vota ó PP vaille votar ó BNG? Sois la tercera fuerza. Sí, la tercera. Por si se te olvidó. Por cierto, al benegé creo que sólo le daría mi voto en un momento de locura. De momento a seguir disfrutando de la medalla de bronce. ¡ánimo y mucha propaganda!

22/6/07 00:10

 
Anonymous Anónimo said...

no se si lo habéis notado, pero las opiniones más jugosas y sustanciosas, son sobre aquellas notas que no tienen que ver con política. Por ejemplo, las notas referidas a Mala Rodríguez generaron un buen intercambio. Por el contrario, cuando intentáis disparar temas políticos, los comentarios son muy pobres. No machaquéis demasiado con cuestiones de política local. Apuntad a otras noticias, que las hay, y muchas, en Carballo

22/6/07 03:19

 
Anonymous Anónimo said...

�A terceira forza politica en donde meu rei? O BNG e o futuro de Galiza, senon mirade aos Catalans ou Vascos, van moito por diante nosa. Vaia por Deus...

22/6/07 10:50

 
Anonymous Anónimo said...

de momento son os terceiros en galicia, q eu saiba non se presentan nin en cataluña nin en vascongadas. Por certo, nacionalistas de dereitas, non trasnoitados marxistas-leninistas como di o voso ideario.Claro q de ideoloxia procurades falar pouco (por si acaso algun despistado vos cacha).Así amijiños, tocando poder pra ir inoculando oo virus(espero estar vacinado)

22/6/07 15:34

 
Blogger iceberg981 said...

Despois de tanta discusión, creo convinte dicir varias cousas, entre elas, que todos tendes parte de razón, uns máis que outros.

Efectivamente o BNG é o 3 partido en Galiza, pero tamén hai que recoñecer que é o 1º en Carballo.

A peaxe foi imposta polo PP de Galiza ou Galicia, pero agora non é tan fácil desfacerse del, e ese anónimo que tanto sabe, ben o debía saber.

Oa cataláns e bascos, van ben máis por diante dos galegos, así lles vai a eles e así nos vai a nós.

Efectivamente a única salida para Galiza ou Galicia é o nacionalismo, pois está visto que os dous partidos maioritarios nacionais, non miran cara o noroeste.

E ... si, seguramente teñamos o AVE e a TRASCANTÁBRICA cando gobernen o nacionalistas, pois os de Madrid non saben nin onde quedamos.

E mira ti, non son de Carballo ...

22/6/07 23:57

 
Anonymous Anónimo said...

a ver se nos enteramos de ke o ke hay ke facer e kitala maldita peaxe dunha vez e desta vez agradecese a idea de sueiro "chiringuitos" espero ke non sexa a ultima proposta do noso "querido" carballes pero supoño ke non levara a ningunha parte como todo o ke se di nese parlamento.

23/6/07 20:21

 
Anonymous Anónimo said...

En referencia ao que se dixo dos nacionalistas do BNG, que eramos marxistas-leninistas trasnochados...seremos todo o trasnochados que queiras, pero tamén hai xente de dereitas no BNG, do tipo Ciu-PNV, non democristianos, pero si liberais ou mais a esquerda como socialdemocratas.

Piensa el ladron que todos son de su condicion. Por certo, no PP tamen hai xente da Falange, Fuerza Nueva, Guerilleiros do Cristo Rei...

Tratade temas de politica local e os nacionais e internacionais(Madrid), deixadeo para outros lares.

E a ver se ides espabilando e asumindo os resultados dunha vez, porque dende o 11-M non dades pe con bola e cada vez ides asimilando menos as derrotas...¿que ides facer?¿cando non aguantedes mais ides dar outro golpe de estado(ou nacion)?

Viva España!
Ala, a jugar a pala.

24/6/07 11:16

 
Anonymous Anónimo said...

La verdad es que yo voté al BNG pensando que eran de izquierda, marxistas-leninistas. ¿Cómo puede ser que ahora se diga que hay gente de derechas? tipo Ciu Pnv, que son más fachas que el propio PP. Para eso no voto más al Bloque, porque para derecha ya tenemos suficiente con el PP, el Psoe... y ahora también el BNG. En definitiva, todos son de derechas. Espero que en las próximas elecciones alguien VERDADERAMENTE de izquierda se presente a las elecciones. Como por ejemplo Corriente Roja. ¡Viva Marx y Lenin! ¡Viva la dictadura del proletariado! ¡Todo el poder a los soviet!

24/6/07 17:51

 
Anonymous Anónimo said...

Só intervir para facer unha aclaración ao último comentario, que non sabe se o BNG é de dereitas ou de esquerdas.

Simplemente, o BNG non é un partido político, como deixan ben claros os seus estatutos (públicos, pódense ver na súa web), senón unha fronte ideolóxica de partidos, onde caben formas "de esquerda" (UPG), "socialdemócratas" (EN), "de dereitas?" (PNG) e moita militancia independente.

O que une ao BNG e o que lle dá sentido non é a dereita ou a esquerda, senón o país polo que traballa día a día.

Sobre o da peaxe, só dicir que ma parece lamentable que o PP insista en sacar o tema. Vergonza lles debería dar. E, por certo, un dato que se aportou por aí e case pasa desapercibido pero que é dunha enorme gravidade: foi o goberno de Fraga !en funcións! o que prorrogou a concesión e a converteu case en insalvable. É dicir, a prórroga fíxose nos momentos en que o goberno anterior tiña que atender só a cuestións de trámite e agardar a toma de posesión do novo goberno. A mágoa é que antes de abandonar o barco quixeron deixar todo ben atado. Que non veñan agora con contos.

27/6/07 16:07

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner