O "efecto Carballo"
Así foi como definiu Evencio Ferrero o resultado da súa xestión durante os últimos catro anos, e a que considera causa da mellora do BNG noutros concellos da zona. Claro que esta mellora é bastante relativa, xa que os nacionalistas unicamente acadan como novas as alcaldía de Zas e Corcubión, e como carambolas resultantes do apoio de independentes e mesmo do PP.
Pero desviámonos do asunto. O pasado sábado Ferrero era elexido como alcalde de Carballo, cos votos favorables do seu grupo e tamén do PSOE, namentres que Terra Galega e PP se votaban a sí mesmos. Deste xeito despexábase calquera atisbo de dúbida en torno ás intencións dos socialistas, se é que aínda quedaba algunha logo das declaracións de José Antonio Viña. O PSOE non só non puxo obstáculos á elección de Ferrero, senón que mesmo votou a favor. Toda unha sinal de que o pacto de goberno non ha estar lonxano, e unha decisión que moitos interpretaron coma un signo de debilidade de cara á negociación de concellerías.
Así pois ningunha sorpresa. Nos próximos catro anos teremos un goberno exclusivamente de esquerdas, e presidido por un alcalde que, agora si, gañou as eleccións. Ademais, a actitude tan amistosa dos socialistas cara ós nacionalistas non fai presaxiar tempestades no horizonte, e máis ben ó contrario, semella que se repetirá unha relación na que o BNG levará tanto a alcaldía como a batuta mediática, e o PSOE adicarase á tarefa de fiel colaborador sin máis aspiracións. Xa sin Andrades nin outras administracións de por medio, a esquerda carballesa ten a oportunidade histórica de demostrar a súa valía.
1 Comments:
Acaso dubidabades de quen era o alcalde...o dia 27 quedou bastante claro, ainda que algun soñara con pactos entre PP-TEGA mais PSOE.Non critiquedes tanto ao psoe que inda che ten dous dediños de frente
18/6/07 18:40
Publicar un comentario
<< Home