Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, mayo 26, 2007

Santa Rita, Rita, Rita, o que…..????..



No transcurso do día 25 de maio, os funcionarios do concello de Carballo, celebraron unha gran comilona no restaurante Punta do Este, con motivo da súa patroa SANTA RITA, o acto en cuestión era organizado polo Sr. Presidente da Xunta de Persoal. Devandito acto constaba dunha misa (á cal acudiron moi poucos funcionarios) así como posteriormente unha gran comilona, á cal si acudiron gran parte dos empregados públicos (non todos) así como os invitados á mesma, destacar que como acto, o concello pechou con antelación as súas portas.

O menú era a base de marisco, carne e algún pescadiño, cafés e uns licoriños, para celebralo, o custo do prato foi sobre 45 €uros por persoa.

Á comilona en cuestión acudiron máis de cen persoas, entre funcionarios e invitados, ata aí todo normal, pero quen paga eses gastos?????

O CONCELLO si, o concello ten o honor de gastarse ??. (Boten contas sobre cento e pico de persoas, por 45 euros). Ese diñeiro creo que é de todo o pobo de Carballo e non creo que sexa o máis adecuado, gastarse uns 5000 €uros nunha comida para funcionarios.

Non a poden pagar cada un do seu peto?

Cantos funcionarios non se quedarían na casiña, se houbese que pagar, estarían todos ou algún poñería unha escusa para non ir, ¡JO PE É QUE NON ME VAI BEN ESE DÍA, E QUE HOXE DOEME ..!

Iso si despois releamos cartos para algunha subvención, para facer horas extras (algúns outros as fan arreo sen xustificar) ou calquera gasto que non lles guste os mandatarios.

Pero bo, tampouco son tantos cartos, algún político que dixo no seu momento que se retiraba con 65 tacos, segue en activo e cobrando unha burrada.

De todas formas non lle metamos a culpa os actuais mandatarios, esto levase facendo xa fai alguns anos, non é iste o primeir ano, o problema e que o consinte.

Un saúdo dun funcionario cabreado.



5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Evencio viu a peli 7 virgenes e, coma j.j. ballesta, desmelenouse e xa o temos instalado no "todo vale".Definitivamente os do bloque xa perderon os poucos principios que lle quedaban. Estamos prósimos a asistir ó seu final. RIP.

27/5/07 18:49

 
Anonymous Anónimo said...

tanto atacar a Andrade que le habeis dado la alcaldia al Evencio

¡Felicidades!

27/5/07 22:02

 
Anonymous Anónimo said...

La alcaldía "al Evencio" se la ha dado Andrade y los que lo pusieron ahí por intereses poco confesables. No lo olvides.

28/5/07 11:55

 
Anonymous Anónimo said...

xa empezamos. jeje
elojo a andrade quen o puxo???
non serian os do pp??,
jejeje, os tiros saen pola culata, eh, coidadiño, agora outros catro anos, e por encima sen ter nada que decir, jajaja, felicidades, sodes os mellores,

28/5/07 15:28

 
Anonymous Anónimo said...

Como aqui todos sodes (somos anonimos) dicir que o primeiro anonimo parece que non se enterou de nada. Evencio motiva e moito en Carballo, e viuse, so necesitaba descolgarse de Andrade, pepeista disfrazado de independiente. Agora ainda lle han ir mellor as cousas a Ferrero, pois non tera tanto incordio ao seu rededor. Un saudo. A esperar 4 anos mais.

28/5/07 15:42

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner