Calvo en bolsa
Gran noticia a que puidemos coñecer onte e que recolle A Nosa Costa. O grupo conserveiro Calvo, a maior industria de Carballo, está plantexándose seriamente cotizar na Bolsa.
Tal e como anunciaron os novos responsables da compañía, o resultado do ano 2006 foi negativo con 12,55 millóns de pérdida, pero este novo 2007 preséntase coma moi prometedor, pois agárdase un beneficio de 30 millóns, de tal maneira que a posibilidade de dar o salto bursátil non é un soño senón unha realidade.
Segundo estes membros da terceira xeneración da familia Calvo, en ningún momento eles pretenderon vender a compañía, senón simplemente sondear unha posibilidade para coñecer o seu verdadeiro valor. Para despexar dúbidas aclaran que Calvo, nin estaba nin está en venta.
Oxalá sexa certo e que Conservas Calvo acade os resultados agardados, porque iso será bo para Carballo e para tódolos carballeses, pois as nosas empresas non só son o noso medio de vida senón tamén o noso orgullo.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home