Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, abril 25, 2007

Baby Andrade


As fotografías electorais son con frecuencia obxecto de todo tipo de comentarios e polémicas. Dende a cazadora de coiro de Trinidad Jiménez ó moreno de Eduardo Zaplana. Unha das imaxes máis discutidas foi o cartel electoral do PP nas últimas eleccións autonómicas, no que podiamos ver unha “resplandecente” imaxe de Manuel Fraga que non aparentaba en absoluto a idade que realmente tiña.

Mais semella que o exemplo funcionou, porque onte podíamos ver na prensa local un anuncio da presentación da candidatura de Terra Galega, onde un Manuel Andrade próximo ós setenta anos ofrecía un rostro xuvenil que nin tan sequera se lle vira cando aló polo ano 1979 se presentou por primeira vez ás eleccións locais de Carballo.

Non sabemos se estes fantásticos resultados obedecen ó uso do famoso “photoshop” que tanto xogo da á hora de convertir concursantes de gran hermano en “top-models” da portada de interviú, ou ben se é mérito do fotógrafo e das técnicas máis tradicionais de imaxe. Mais sexa como fora, noraboa ó artista.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner