Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, abril 24, 2007

Traxedia con extraña polémica


Esta fin de semana tivo lugar un tráxico suceso na praia de Baldaio. Un home falecía afogado ó tentar salvar á súa filla, que finalmente foi rescatada por un surfista. Unha traxedia que foi seguida en directo por bañistas e veciños da Pedra do Sal.

Como consecuencia, medios locais coma LVDG teñen aberto un debate sobre a seguridade das nosas praias, especialmente logo de que un grupo de veciños expresaran graves críticas contra as administracións, acusándoas de ter responsabilidade no acontecido pola falla de auxilio. O voceiro destes veciños é Ricardo Vilas, antigo concelleiro en Carballo.

Nós, pola nosa banda, pensamos que sería absurdo pedir a un concello que teñan activado o servizo de socorrismo en pleno mes de abril polo feito de que, de maneira anómala, teñamos unha semana de bo tempo. Mais ó parecer hai quen pensa de xeito distinto.

Sen embargo, o máis sorprendente da polémica é que non se dirixe sequera contra o Concello de Carballo, lugar dos feitos, senón contra o veciño Concello de Laracha, acusado de negación de auxilio. Por se fose pouco, os responsables laracheses negan ter recibido petición ou chamada algunha. E para rizar o rizo, semella que a policía presentou denuncia contra varios veciños por insultos cando se personaron para recoller o cadáver. En resumen, o noso pésame á familia e amigos do falecido, e a nosa extrañeza ante tan confusa polémica.




1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Veña, vale !!
Nos imos falar mais do tema por si resulta que teñen razón e a culpa é do Concello de Laracha. E ese está governado polos nosos.
¿nonsi?

A verdade e que Ricardo Vilas chochea, pero non é cousa da idade, xa chocheaba ós 30.

26/4/07 08:20

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner