Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, abril 17, 2007

Confusión informativa


A que nos deixa La Voz de Galicia edición dixital. Por unha parte lemos o seguinte titular: “En mayo comienzan las obras de la autovía de la Costa da Morte”. Caramba, gran noticia. Non esperabamos que a cousa fose a saír agora. Profundicemos. Lendo o desenrolo do artigo chegamos a este párrafo:
“Además, avanzó que a finales de mayo se pondrá en marcha la autovía de la Costa da Morte, en concreto el tramo Carballo-Berdoias, el más importante del trazado, a través de una concesión pública que saldrá a licitación cuando concluya el próximo mes.”

Vexamos, estamos en abril, así que o próximo mes é o de maio. Cando conclúa o mes de maio, polo menos terá que ser xuño. E só a partires de xuño “saldrá a licitación”. É dicir, convocarase o concurso para ver qué empresa fai a obra. Concurso que terá que estar en información pública como cousa dun mes. Logo pasarase ás reunións da Xunta para escoller a oferta, adxudicarase, etc, etc, metémonos en setembro. ¿Cómo poden empezar entón as obras en maio?

Erro informativo que supoñemos debido ás présas cos que os xornalistas teñen que redactar o seu traballo, pero que debería ser aclarado. Mais tamén confusión que se suma á que nós sentimos cando o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño asegura que esta autovía será libre de peaxe. Daquela, ¿por qué non pode cumprir a súa promesa e liberar a A-55? ¿Imos ter unha autovía gratuita de Cee a Carballo, e de pago de Carballo á Coruña? Que nos poñan as cousas clariñas, por favor.

O máis curioso é que esta confusión informativa ven a dicir que a obra máis importante e tan agardada para a Costa da Morte vai ser gratuíta e dar comezo… a finais de maio. ¿Qué cousa haberá que sucede a finais de maio, que nós non lembramos? ¿Sabédelo vós?



1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

La Voz, como siempre, confundiendo deseos con realidades...

18/4/07 12:40

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner