Continuidade
Esa é a palabra que mellor resume o contido das listas dos partidos carballeses de cara ás próximas eleccións. Xa PSOE, CDI e máis recentemente BNG teñen presentado en público os seus candidatos, e tan só resta o PP por expoñer o listado de nomes que concorrerá ás eleccións.
E o certo é que os tres partidos que forman o tripartito carballés semellan ter claro que estiveron na boa liña durante o mandato, porque ademais de repetir candidato (e algúns repetir, e repetir, e repetir), tamén repiten case toda a súa lista. Se no caso do partido socialista había poucos cambios, e no caso do CDI non había novidade algunha, no caso do BNG todos os concelleiros actuais, a excepción de Manuel Pan (que xa anunciara a súa retirada) repiten na metade superior da lista, onde hai pouquiñas incorporacións.
É dicir, que aínda que para os nacionalistas “Agora si, Carballo ten futuro” e para os centristas “Hai máis Carballo, hai máis futuro”, o futuro aspira a ser xestionado polos de sempre. Agardamos por coñecer a lista dos populares, onde continuidade non a vai haber porque hai novo candidato e anúncianse caras novas. Seguiremos informando.
P.D.: ¿e o Partido dos Veciños de Acacio Rodríguez?

6 Comments:
Non entendo moi ben porque facedes tanto fincapé no asunto da renovación. É certo que Evencio leva moitas eleccións, pero tamén é certo que o Bloque en Carballo, creceu permanentemente. Non vexo entón onde está o problema, se o partido ven crecendo, para que cambiar. Os veciños, cada vez mais, apoian o Bloque. Se o teu equipo vai gañando, o mellor é que non fagas modificacions.
Tamén é de destacar, na lista do Bloque, a incorporación de Lourdes Rey, unha muller xoven, independente, que é uruguaia e que ten activa participación nas actividades vencelladas as cuestions de xénero na comarca. Vai no 6º lugar, penso que é un punto a favor do Bloque.
Persoalmente penso que hoxe por hoxe, a proposta do Bloque é a mellor, a mais viable, e cos cadidatos mellor preparados para xestionar o concello.
Os carballeses falaran nas urnas o próximo mes. Veremos se teño razón ou non.
Unha aperta
Che do Rito
7/4/07 18:16
Tan só unha pontoalización:
O BNG ten, efectivamente, sobido a súa presenza na política carballesa de xeito ininterrompido até as pasadas eleicións municipais, e aquí ven a pontoalización:
No ano 2003, Evencio Ferrero sofreu unha frea moi severa, perdendo un grande número de votantes e DOUS concelleiros, pasando dos 8 de que desfrutaba o BNG ata ese momento aos 6 que ten até o de hoxe.
Así, pois, a evolución demostrou unha caída moi sensível, se cadra polo cansazo do eleitorado diante do candidato.
Era o momento de pensar en renovar caras: segue a selo?
Eu, ás claras, non comparto o optimismo de Che do Rito, e solicito se faga a reflexión que non se fixo entón.
Felicítoo, igoalmente, pola inclusión de Lourdes. As caras novas sempre se agradecen.
9/4/07 09:42
Lamento contradecirte, Che, pero además de que Evencio lleva muchas elecciones (todas, para ser exactos), no ha crecido permanentemente. En las últimas bajo de 8 a 6, y en las anteriores creo recordar también alguna bajada a 4. De no haber sido por Andrade, a Evencio se le hubiese acabado su carrera a nivel local hace 4 años.
En cuanto a las incorporaciones, supongo que el que dices es un buen fichaje para captar votos, que será lo que se busca, pero no veo por que lo es para gobernar. Mientras el capitán del barco no deje paso a otro, difícilmente podrá haber otra tripulación.
9/4/07 11:07
Non podo crer que digades que as listas do BNG son continuistas. Os únicos que permanecen son Evencio, Belén e Luis. No resto da candidatura todo parecido coas listas anteriores é prácticamente pura coincidencia. Ademáis é de largo a candidatura con máis xente xoven. Non é que me apasionen as persoas que van, pero continuismo, continuismo, tampouco hay.
9/4/07 13:21
Claro, Juan Ramón baja de puesto pq ya staba desaparecido en combate, Periscal se tuvo que ir a derribar su casa ilegal, la concejala de muller se fue a compatibilizar vida laboral y familiar (toma listas paritarias!!), Buño se presenta de nuevo pq queda bien (despues ya tendrá tiempo de renunciar por causas laborales...). Ya no recuerdo la lista pero la hipocresía y la pose del benegé saltan a la vista. A seguir, amijos, veña doble discurso.
11/4/07 10:08
che do rito fala dos mellor preparados!!! ¿para qué? Para a propaganda??
Formación media ou baixa, traballan maioritariamente no ensino ou como funcionarios nivel c, compromiso empresarial cero, moitos deles liberados de sindicatos e con noxentos historiais como piquetes informativos.
Che, tes que informarte antes de votar. Votaraslle por outras cousas, non polo formados que estean.
11/4/07 10:13
Publicar un comentario
<< Home