Formación do espírito nazonal
Así da gusto. No Concello de Carballo recupéranse as vellas tradicións. Os valores de sempre cóidanse e incúlcanse ás novas xeracións e ós recén chegados. Así coma nos tempos gloriosos aqueles mestres exemplares aleccionaban ós alevíns coa inesquecible asignatura de “Formación del espíritu nacional”, áinda quedan na nosa terra xentes decentes preocupadas por que os rapaces e os que aquí veñen a vivir, adquiran o verdadeiro sentimento e a verdadeira fachenda de sermos da nazón galega, evitando así que caian na tentación de falar linguas ou comportarse coma xentes foráneas.
En efecto, o Servizo de Normalización Lingüística de Carballo ven de convocar para o vindeiro martes 27 un “programa para a multiculturalidade e a integración lingüística” dirixido a infieis que tiveron a desgraza de nacer fora de Galicia ou veñen de pasar moito tempo fora dela (os fillos dos nosos emigrantes que viven no pecado orixinal de non saber falar galego). O Concello vailles facilitar “o coñecemento, dun xeito práctico, lúdico e atractivo, da lingua, da cultura, da sociedade, da historia, da xeografía, etc, de Galicia”. Para aqueles que non acaben de entender onde reside a “multiculturalidade” do tema, presumimos que “multi” debe de significar que se trata de adoutrinar a moitos.
(Por certo, este é o post número 500 de Carballo Dixital)
2 Comments:
Como vos chove na cabeciña!!
Un curso que pretende ensinar aos nacidos fóra a nosa lingua e historia, de repente, é todo isto?
Facédevolo mirar que algo tedes.
23/3/07 16:44
A los nazis(onalistas) parece que esto de la lengua propia (la que nos separa, la que no tiene ninguna proyección externa) y la diferencia, es lo único que les interesa. Y en esto meten nuestros dineros (impuestos, ya saben). Manda eggs.
24/3/07 21:35
Publicar un comentario
<< Home