Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, marzo 16, 2007

Un chaval para o futuro



Hoxe, 16 de marzo de 2007, no restaurante Punta del Este, terá lugar a presentación do candidato de Terra Galega para a alcaldía de Carballo. Un rapaz novo con moito futuro por diante, ampla formación e ganas de comer o mundo: Manuel Andrade Cristóbal.

Futuro pola idade e pola mentalidade do século XXI do candidato, pero tamén experiencia, porque as primeiras eleccións de Andrade foron nada menos que as primeiras eleccións democráticas logo da dictadura, aló polo ano 1979. Xa choveu un pouquiño.

Andrade estará arroupado pola plana maior de Terra Galega, é decir, el mesmo e outros candidatos doutras zonas, e para non perder os bos costumes (e para asegurar o cheo) ó final do acto ofrecerase un “aperitivo” ós asistentes.




 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner