Dous estilos
Aínda que a cotío estamos afeitos a dicir que hoxe en día os políticos son todos iguais e que todos actúan do mesmo xeito, o certo é que hai exemplos que semellan demostrar o contrario.
E un deses exemplos saltou á actualidade comarcal nas últimas datas co gallo dos proxectos de polígonos industriais que se barallan na zona. Tres anos levamos en Carballo lendo na prensa extensos artigos que anuncian a ampliación do polígono de Bértoa por iniciativa da Xunta, para convertilo no maior parque empresarial de toda a Costa da Morte. Innumerables son os anuncios, visitas gubernamentais, planos expostos ós medios, e toda sorte de actos para promocionar un polígono, que no caso de sair adiante as sucesivas fases, sumaría 1,8 millóns de metros cadrados. Unha grande superficie da que aínda non se comezou a construir a primeira fase.
E nestas andabamos cando de pronto o Concello de Cabana de Bergantiños, un concello pequeno e máis alonxado da Coruña, e sen mediar propaganda anterior, anuncia que unha firma privada vai construir un polígono de 2,2 millóns de metros cadrados, superando ó seu competidor de Carballo. Tendo en conta a menor burocracia do sector privado, non sería de extrañar que as obras se rematasen antes que o de Carballo. Por iso dicimos que aínda hai estilos diferentes, o de vender (repetidas veces) o que aínda non existe, e o de traballar en silencio para acadar que exista.
3 Comments:
si, si
e mercando os terreos a 1 euro metro cuadrado mentras en carballo pagan a oito, e cunha urbanización adosada de non se sabe cantos metros cadrados, e de promoción privada co cal poderán vender cando e como lle dea a gana ao igual que fixeron Andrade e Sanchez viqueira e os demais no poligono que hai agora en Carballo.
O dito, casi casi o mesmo, onde está o voso lado critico e sesudamente analítico, parece que hai veces que o perdes
25/2/07 20:45
Oxalá saia ben o de Cabana, mellor para eles e haberá que felicitar a Muiño se así for, oxalá. Sen embargo, en Carballo temos experiencia cos polígonos privados, e non é moi envexable.
Sobre o polígono de Carballo, paréceme triste o cinismo de quen escribe o artigo. Efectivamente, a administración e a burocracia teñen os seus problemas, pero tamén representan garantías, a saber: non se vai especular, a Consellería de Vivenda esixe a quen merque terreos (e isto é así dende que a consellaría está en mans do BNG) un proxecto empresarial executado en menos de tres anos, é dicir, xeración de emprego. E todo o terreo está collido, é dicir, vanse crear moitos postos de traballo.
Pola contra, o caso de Cabana supón a compra de terreos para mans privadas, co que poderán despois facer con el un pouco o que lles pareza e, como sinalaba o anterior comentario, a un prezo irrisorio, o cal tampouco é positivo.
Xa digo, oxalá o de Cabana saia ben, pero censurar solapadamente a ampliación de Carballo, comprometida e con documentos oficiais que avalan que se vai converter nunha realidade en menos de un ano, cunha ampliación que é o triple do prometido polo PP no seu Plan Galicia de fume, paréceme cando menos cínico. O dito, o da vosa imparcialidade, onde quedaría?
2/3/07 17:19
Yo creo que el artículo no critica el polígono de Carballo, sino el exceso exagerado de propaganda con el que se está vendiendo políticamente. Casi todas las semanas tenemos un artículo nuevo en la prensa diciendo lo mismo que la semana anterior, y esto tampoco parece muy correcto. Hay quienes hacen bastante más con mucho menos ruido.
5/3/07 21:19
Publicar un comentario
<< Home