Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, marzo 05, 2007

Banda (manga) ancha na Costa da Morte


Interesante artigo o que onte destacaba LVDG de Carballo. A botella medio chea ou medio baleira segundo se mire. Ou mellor dito, a botella con un cuarto cheo, ou tres cuartos baleiros.

Por unha parte, as previsión do Ministerio de Industria que dirixe Joan Clos din que na Costa da Morte teremos banda ancha a finais do 2007. Para aqueles que non viamos a luz ó final do túnel, unha boa nova. Claro que isto supón un retraso de case un ano en moitos lugares sobre o prometido. Mala nova. Tamén supón un adianto noutras zonas con respecto ó prazo previsto. Nin chicha nin limoná.

E para rematar, o máis salientable é que a banda ancha non vai chegar ó rural a través de cables, como se pode desfrutar no casco urbano de Carballo, senón mediante sistema inalámbrico WIMAX ou vía satélite. Certo que levar cables a tódalas aldeas e recunchos de Galicia antóxase inviable, pero o sistema das ondas ten un inconveniente: segundo algúns, este sistema vese limitado polas condicións climatolóxicas que, como todos sabemos, na Costa da Morte son mellores que nas Canarias, con seguro de sol e bo tempo todo o ano. Así que xa veremos se este novo prazo se cumpre de verdade, e que tal funciona o sistema inalámbrico.

Agardemos que haxa manga ancha coa banda ancha e non se escatimen esforzos para podermos ter todos un bo acceso a Internet.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner