Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, marzo 13, 2007

Muíños de vento en Carballo


O noso concello era un dos poucos da Costa da Morte que ata o de agora non albergaba ningún xenerador nin ningún parque eólico. Os famosos e tan polémicos muíños de vento non fixeran acto de presencia nas novas locais de Carballo, a excepción da solicitude para construir muiños mariños en fronte da costa de Baldaio varios anos atrás, que foi rexeitada por tódolos axentes sociais.

Sen embargo, hoxe descubrimos nas páxinas da prensa local que ven de publicarse no BOP un anuncio no que se solicita a aprobación “del proyecto sectorial de incidencia supramunicipal y el estudio de impacto ambiental” para construir un parque eólico de 13 aeroxeneradores. 12 de eles irían no alto da Vixía, pertencente á parroquia de Vilela (tamén en Baldaio pero desta vez no monte). O outro iría na parroquia larachesa de Lemaio. A empresa que promove o proxecto chámase “Galenova”, e o conxunto, que se chamaría “parque eólico de Pedrarrubia”, contaría cunha potencia duns 26 megawatios, producidos por aeroxeneradores de última xeneración, máis grandes, de 80 m de alto, e 93 m de diámetro nas hélices. Con esta posición e estas dimensións, os muíños serán visibles dende todo o entorno, incluso dende a marisma.

De modo que aí está a solicitude e o debate. ¿Progreso sostible ou deterioro da paisaxe? ¿Unha oportunidade para os nosos montes e o noso rural, ou hipoteca da nosa riqueza? ¿Enerxía limpa e renovable ou un simple negocio? De seguro que as as reaccións non se farán agardar. Animámosvos a opinar ó respecto nesta vosa web. Nos mollámonos: por unanimidade, pola ubicación que se pretende, estamos en contra.



2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Home, pois haberá que ver o proxecto concreto. Se está moi lonxe da costa e non se ve moito, a min non me parece de todo mal.
Pero non creo a xente nin os políticos o acepten. Hai que lembrar que por unha granxa de porcos na mesma zona montouse un lío fenomenal, por non falar do famoso vertedero de Cances.

14/3/07 11:56

 
Anonymous Anónimo said...

Me llama la atención que se hable tan poco del tema. En circunstancias similares anteriores, ya habían salido a la palestra la oposición, grupos ecologistas, plataformas, etc, y se había montado un escándalo fenomenal. Quizá es que se me escapa algo, o que las mentalidades han cambiado.

16/3/07 22:45

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner