Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, abril 05, 2007

Identity podería arrancar en ano e medio


Máis novas sobre Identity nas últimas datas. A empresa de automóviles deportivos de luxo que dirixe o carballés José Ramón Fernández Franqueira podería iniciar a súa singladura por terras bergantiñás dentro dun ano e medio, segundo as previsións da compañía.

Segundo explica Franqueira nestes enlaces, estase a engrasar a maquinaria de persoal e de todo o proceso de fabricación para que todo vaia “como la seda”, un proceso que suporía 60 empregos directos e 250 indirectos nun principio. Por incluir, a empresa ata incluirá un equipo de psicólogos que estudiarán os gustos do cliente para acadar a súa máxima satisfacción.

Franqueira, que recomenda a Galicia apostar pola industria de luxo, agarda contar nese tempo cunha parcela no polígono industrial de Bértoa, que xa ten solicitado, e de non ser así alugaría unha nave. Dende aquí unha vez máis o noso apoio e o noso desexo de que este marabilloso soño poida facerse realidade para Carballo.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner