Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, marzo 23, 2007

Sorprendentes reaccións


Xa temos a primeira reacción á solicitude de construir un parque eólico no alto da Vixía, na parroquia carballesa de Vilela. E cómo non, ven do concelleiro con maior vocación ecoloxista da corporación. Manuel Andrade considera que o proxecto de Galenova é unha “aberración urbanística”, que limita o uso dunha superficie moi grande de terreo, e que afecta ó entorno natural da marisma de Baldaio.

Case case, o mesmo criterio co que o tenente de alcalde se ten dirixido ós veciños de Baldaio e mais de Razo: ante todo, conservar a riqueza natural, nada de poder construir todo o mundo en todas partes, non vaiamos “marbellizar” a costa. Menos mal que quedan políticos comprometidos coa natureza, dispostos a xogar o tipo por que ninguén levante un parque eólico ou unha urbanización de chalets en primeira liña de praia, non digamos xa nas propias dunas das Saíñas ou en enclaves tan especiais coma os Areos. Porque sen dúbida é este espírito de responsabilidade ambiental o que lle ten gañado os votos que levaron a Andrade ó goberno municipal estes catro anos.

(Damos por garantido que captades a ironía).


Enlaces relacionados:

Muíños de vento en Carballo

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner