Coa oitava ven o futuro
Pouco a pouco van presentándose as candidaturas ás próximas eleccións municipais do mes de maio. O PSOE xa fixo a súa posta de longo, e para o próximo mércores farao o Bloque Nacionalista Galego. Para variar, o candidato será Evencio Ferrero.
1979, 1983, 1987, 1991, 1995, 1999, 2003 e agora 2007. Será o oitavo intento do actual alcalde de gañar unhas eleccións que nos sete intentos anteriores non conseguiu.28 anos de intentos que probablemente constitúen todo un record no país. Por iso chama a atención o lema que ofrecen os anuncios publicitarios da formación frentista. Non sabemos se se trata dun texto común para todos os concello pero o caso é que o texto di: “Agora si, Carballo ten futuro”.
O certo é que o traballo de atopar un bo lema para unhas eleccións, que enganche, que chame a atención e que mande unha mensaxe adecuada, non é nin moito menos labor sinxela. Por iso, ás veces, deslízanse comunicacións que ofrecen segundas lecturas non desexadas. Porque deste lema dedúcese que daquela nas 7 convocatorias anteriores a cousas non ía moi en serio, ou que entón Carballo non tiña futuro. Ou que, modificando o refrán nunha versión acuñada polo famoso Alcoyano, coa oitava vai a vencida.

1 Comments:
Pero ahora con los reportajes del Anllóns formato "ahora tenemos pasta y la gastamos" y fotos gigantes por todo el pueblo (por si tenemos alguna duda de quién es el personaje), es posible que el asalto a la alcaldía sea definitivo. Dejarán de lado a Andrade y por fin podrán demostrar que son la esperanza blanca tras un infausto paréntesis de 25 años en la oposicion y cuatro de figurante en la alcaldía. Si ya se dijo siempre, no hay como tener dinero....
3/4/07 00:21
Publicar un comentario
<< Home