A porta “X”
Houbo quen dixo que a política era a arte de xogar coas palabras, e onte puidemos comprobar en Carballo ata qué punto é certo.
Como é ben coñecido a peaxe da autovía Carballo-Coruña ten sido o principal cabalo de batalla nacionalista durante a última década. Tanto o BNG como tamén o PSOE teñen atribuido o canon da A-55 a un desprezo do PP á Costa da Morte, e teñen prometido repetidamente a súa retirada no caso de chegar ó poder. Sen embargo, varios anos despois de cumprido o requisito, con nacionalistas e socialistas no poder de tódalas administracións implicadas, a peaxe segue aí, e aumenta anualmente seguindo a tendencia do IPC.
Pois ben, como se achegan as eleccións, onte o BNG carballés emitía un sorpredente comunicado ó respecto. Pero non solo sorprendente por reclamar algo a unhas administracións nas que xa goberna o mesmo partido (que tampouco é pouca cousa), senón tamén porque non solicita a retirada da peaxe da autovía, senón da “portaxe” da autovía, verba ata o de agora descoñecida por nós, ignorantes como somos da normalización lingüística. ¿Débese a algún cambio normativo? ¿Estivo durante anos o BNG vulnerando as normas do galego? (crucifixión xa!) ¿Qué significa “portaxe”? Se cadra, refírense á porta “X”, unha porta extraña é descoñecida á que non se lle sabe calificar.
1 Comments:
En Galicia nunca se pagaron peaxes, senón portaxes, dereitos por cruzar unhas portas, independentemente de se era da cabalo ou a pé. Peaxe é unha adaptación dunha palabra castelá que ademais non é acorde co significado actual, pois se abona por ir en vehículos e non a pé. COmo noutras cousas, resulta máis coherente empregar palabras que temos en común co portugués.
28/3/07 16:05
Publicar un comentario
<< Home