Non aprende
A frase de que o ser humano é o único que tropeza dúas veces coa mesma pedra cobra todo o seu sentido cando falamos de Manuel Andrade.
Hoxe sorprendeunos novamente (e mira que é difícil que este nos sorprenda) cunhas declaracións nas que se refire ó seu proxecto do parque no monte de Santa Lucía (xa sabedes: consiste en que o empresario explota unha canteira, causa uns danos no entorno, e cando acaba a explotación cédella ó Concello, que correrá gratis et amore cos gastos da rexeneración. Eso sí, o empresario recibe “a cambio” unhas contrapartidas urbanísticas para poder edificar onde antes non se podía. Negocio redondo para ¿todos?).
Según di hoxe LVDG, o cazador falou onte en Radio Voz Bergantiños. E dixo que o seu proxecto remataría coa marxinalidade do entorno: “as cousas hai que facelas sen mirar quen está por cerca. E logo, tratar de poñer orde e cuidalas entre todos. Isto dígoo para os que non están tranquilos, que non se preocupen. Esa zona, en canto a dinamizas, a xente recíclase.”
Igualiño que o que pasou con outra famosa idea súa: o Pavillón da Grela, tamén “estratéxicamente” situado. 25 anos despois os carballeses siguen negándose a utilizalo. E que Andrade é un incomprendido.
1 Comments:
Hombre, es que al llegar a una cierta edad la gente ya no está para cambiar su forma de ser. Y Andrade hace muchos años que superó esa edad, si es que alguna vez fue de otra forma.
Esto me recuerda a los comentarios de hace 4 años cuando los nacionalistas decían que Evencio iba a meter en vereda a Andrade y hacer que se comportase, y resulta que sucedió al revés.
27/3/07 21:13
Publicar un comentario
<< Home