Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, abril 11, 2007

Máis “portaxe”


A “portaxe” (como ben nos teñen corrixido os normalizadores lingüísticos) volve a ser unha palabra de moda. Como cada mes de abril, Autopistas del Atlántico, concesionaria da autovía AG-55 Coruña-Carballo, ven de subir o importe do canon que debemos abonar por empregar esta vía de comunicación.

5 céntimos máis, como cada ano, debidos ó incremento do IPC, que elevan o importe dunha “portaxe” tantas veces comentada, tantas veces prometido que ía ser eliminada, e agora tan convenientemente olvidada.

Á hora de pechar esta información seguimos pendentes da confirmación de que a Plataforma pola Autovía Gratuíta organice a correspondente manifestación ou colocación de pancartas, mais sospeitamos que os seus líderes están por estas datas máis preocupados noutras lides que agora lles resultan máis importantes. Veremos se aparece unha Plataforma pola Autovía Libre de “Portaxe”.




1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

En lugar de reclamar la autopista gratuita el bng se gasta el money en empapelarnos carballo con fotos gigantes de su alcalde con pies de barro. Por si acaso no sabíamos quien compró el sillón hace casi 4 largos años. ¡¡Viva el bng pero q viva muy lejos!!

11/4/07 19:06

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner