Cada loco con su pacto
Coma cantaba Joan Manuel Serrat, no primeiro encontro dos cinco candidatos á alcaldía carballesa cada un falou da feira segundo lle ía nela. Pouco ou nada puidemos sacar en limpo. Coma nos combates de boxeo, primeiro tanteo e golpes frouxos porque o combate promete ser duro e hai que ir indo pouco a pouco. Con todo, o máis interesante foi o inicio de posicionamento en vistas a posibles pactos post-electorais. E houbo algunha novidade, porque despois de renegar hai uns días tanto de PP como de BNG, Andrade semella que xa non o ten tan claro:
Acacio Rodríguez aspira a acadar representación e di que os pactos non son descartables.
José Antonio Viña déixase querer e non se molla.
Manuel Andrade afirma que o PSOE ten moito talante, que o BNG engana cando aparenta que o ten, e que o PP está radicalizado. Non pensa en alianzas, pero se hai que facer pactos, hao pensar seriamente.
Evencio Ferrero aposta por unha maioría BNG-PSOE, porque considera que fai falla un goberno “sólido” ( e iso que tiñamos escoitado que o actual xa o era). Ademais afirma que tanto PP coma CDI están á baixa, cousa que no último caso, e sen que saibamos o motivo, lle resulta “sorprendente”.
E Alberto Sueiro é o único que aspira a acadar unha maioría suficiente para gobernar en solitario, aclarando que en todo caso deberá ser a lista máis votada a que dirixa os designios do Concello.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home