Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, mayo 09, 2007

¿”Carballo Limpo”?

Ese é o título da propaganda do Concello. ¿É certo?

Vexan o “antes” e o “despois” da campaña de limpeza anunciada e bombo e platillo polos nosos gobernantes, e xulguen as fotos que nos envían desde Novas Xeracións do Partido Popular:







Hai moitas máis despois do "Seguir lendo":













E a nota que acompaña as fotos:

Novas Xeracións demostra de novo o fraude de “Carballo Limpo”


Como xa fixeramos antes co asunto a limpeza de solares urbanos, Novas Xeracións queremos denunciar de novo con probas o fraude que o governo local de Carballo está a vender ós cidadáns coa súa campaña propagandística de “Carballo Limpo”.

O alcalde, Evencio Ferrero, ten afirmado que na súa chegada ó poder a zona rural estaba plagada de vertedoiros incontrolados, e que grazas á súa xestión o seu número tense reducido drásticamente. Ámbalas dúas cousas son rotundamente falsas.

Un simple percorrido, non exhaustivo nin moito menos, realizado por nós permitiunos localizar ó longo deste ano varios vertedoiros coa intención de solicitar a súa limpeza, a meirande parte deles en lugares visibles e accesibles por calquera ciudadano. Hai máis dun mes o governo realizou unha suposta campaña de localización e limpeza que calificou de grande éxito. Temos voltado a comprobar o estado destes vertodoiros, e todos eles presentan exactamente o mesmo aspecto que antes. A única diferencia é que nalgúns se ten acumulado máis lixo ou que a vexetación ten cuberto en parte a grande cantidade de residuos.

NNXX solicita a limpeza dos vertedoiros que aquí mostramos e quere denunciar unha vez máis a forma que o BNG ten de entender a política. Entendemos que o vertido de lixo nos nosos montes e pistas é un problema complexo e difícil de resolver, pero o que en ningún caso podemos aceptar é o fraude permanente á cidadanía, ou que se nos tome a todos por parvos. Este é un governo que únicamente se preocupa polas campañas de imaxe e por vender proxectos que nunca se fan realidade. Cal sexa o estado verdadeiro do noso rural, tenlles sen coidado.

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Non fai falta sair tanto de Carballo, fai uns meses a voz de galicia publicaba que no antiguo curtidoiro de pieles, os antiguos propietarios abandoaran, unha gran cantidade de bidons de accido os cales estaban e seguen tirados polas instalacions abandoadas.
Naqueles momentos os nosos concelleiros apresuraronse a chamar a Seprona (non sei pa que seprona so se dedica a denunciar pero non a solucionar)pero o certo e que ditos bidons seguen no mesmo lugar tirados, e abandoados a espera de que algunha persoa se lle de por andar polo lugar e meter o fuciño donde non debe, nese intre empezaremos a tomar medidas, e buscar solucions. Sera tan dificil que a brigada de medio ambiente proceda a retirada, que pasa teran medo de que os denuncien, quen? quen os vai a denuncia?
Un saudo de LOBO

10/5/07 22:28

 
Anonymous Anónimo said...

Non se pode criticar así. Eu penso que hai que dar o apoio a calquera que sexa o que gaverne, poderá facelo mellor ou peor pero as intencións son boas. Falo de Evencio, veselle voas intencións. Con iso non quero decir que sexa mellor cos outros porque fixo cousas malas, tamén Varela fixo cousas malas pero tamen cousas boas. Eu digo que sempre hai que criticar para presionar un pouco os que gavernan pero tamén hai qeu axudar ainda que as ideas polítocas sexan distintas.

11/5/07 11:48

 
Anonymous Anónimo said...

Non se pode criticar así. Eu penso que hai que dar o apoio a calquera que sexa o que gaverne, poderá facelo mellor ou peor pero as intencións son boas. Falo de Evencio, veselle voas intencións. Con iso non quero decir que sexa mellor cos outros porque fixo cousas malas, tamén Varela fixo cousas malas pero tamen cousas boas. Eu digo que sempre hai que criticar para presionar un pouco os que gavernan pero tamén hai qeu axudar ainda que as ideas polítocas sexan distintas.

11/5/07 11:48

 
Anonymous Anónimo said...

Carballo está infinitamente máis limpio que cunado gobernaba el PP y punto,
sin punto de comparación, por eso sacan esto los del PP por intentar empañar una acción impecable, les fastidia que se diga que se han echo bien las cosas,
con criticas como estas el PP pierde mucho,
además, si sabian desde el año pasado que había eses vertederos, que avisaran, como hemos echo otros y rapidisimamente lo pasaban a recoger, o por lo menso ese ha sido mi caso.
Lo que pasa es que los del PP prefieren ser unsolidarios y simplemente hacer política.

14/5/07 09:43

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner