Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, mayo 26, 2007

Xornada de reflexións


Esta é unha xornada de moitas reflexións; as que os carballeses teñen que facer para decidir o seu voto nas eleccións municipais de mañá, e tamén as que nos facemos ó tanto dalgúns dos acontecementos das últimas semanas.

Por unha banda, sacamos en conclusión que, exceptuando algunha pintada extemporánea, a campaña electoral desenvolveuse dentro dos cauces democráticos normais, motivo polo que se debe felicitar a tódolos partidos políticos. Non sucede así con outros abusos de poder que desgrazademento seguen a repetirse en cada consulta: unha vez máis asfaltáronse rúas no última día de campaña, e unha vez máis se lanzan grandes anuncios de obras en plena xornada de reflexión.

Por outra, que as estratexias dalgúns candidatos sufriron cambios considerables á hora de pedir o voto. O PP mantivo a liña que traia dende hai tempo de renovación, futuro e defensa de que goberne o máis votado; Acacio Rodríguez confirmouse coma o Doctor House local cos seus despiadados ataques ó tripartito, sobre todo a Manuel Andrade. Ata aquí ningunha novidade. En cambio os partidos do tripartito pegaron golpes de timón, e pasaron de afirmar permanentemente a súa sintonía a atacarse mutuamente sen miramentos. Abriu a veda Terra Galega ó afirmar que non ía pactar cun BNG ó que dirixiu fortes acusacións, igual que tampouco ía pactar co PP; seguiron as contestacións de Ferrero contra Andrade, e incluso finalmente o candidato do PSOE tivo palabras poucos eloxiosas para os nacionalistas (que na súa boca, xa é dicir).

Agora, toca elexir e decidir de quén fiarse. Mañá veremos os resultados.




2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Algunha xente dedicous a escribir e insultar nos carteis, electorais, pero sobre todo no do GRAN ANDRADEIXUM, cal sera o motivo das iras, hacia ese gran mandatario, que fixo un tunel, corrixo un furado na rua Coruña. Pero sobre todo un complexo deportivo (antes de ir dar o pao a federacion de caza) e modelico no mundo mundial, o que non chego a entender e como a xente lle pode votar.

Un saudo

26/5/07 21:58

 
Anonymous Anónimo said...

Yo todavía entiendo menos cómo esposible que las mentes preclaras del bng lo hubiesen hecho bueno. Bueno no: MAGNIFICO concejal de urbanismo.Ahora lo quieren echar. Desagradecidos, que sois unos desgradecidos.

27/5/07 18:40

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner