Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, mayo 12, 2007

Poña un cortello no seu salón


Publicado hoxe na sección “Pregunte Usted” de La Voz de Galicia:

¿Que medidas tomarán os partidos políticos de Carballo con respecto á existencia de gando no casco urbán?

Manuela, unha veciña da avenida da Cristina de Carballo, está preocupada pola presenza, ao lado da súa vivenda, dun curral no que hai galiñas e porcos, o que, segundo asegura, provoca malos cheiros. Tamén di que as galiñas andan ás súas anchas pola rúa, e quere saber que medidas pretenden tomar os políticos ao respecto.

E esta foi a contestación de Andrade:

«A presenza de currais no casco urbano vén de moito tempo atrás, e hainos en todo o casco urbano. Dende logo, se no próximo mandato temos a responsabilidade de goberno, non imos ser nós os que prohibamos este tipo de actividade».




3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Ó cazador xa o conocemos. E ó outro tamén, como sempre, sacando balóns fora: "mesmo Sanidade Animal e o Seprona terían algo que dicir". ¿E ti non tes nada que decir? Non vai con el. Avestruzo, avestruzo,..

12/5/07 19:34

 
Anonymous Anónimo said...

codio
deixades insultar neste blog?
carai, pensei que iso non o faciades. ahhh, claro, esta insultando a uns que non pertencen o pp. ahhh
mira por donde, jeej, podese insultar, pero por favor, que non sexan do pp. jaj

14/5/07 18:00

 
Blogger Carballo Dixital said...

¿? Non vemos onde está o insulto

14/5/07 19:08

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner