Veteranos de guerra
Hoxe podemos ler na Voz de Galicia unha desas historias da mili (ou da “puta mili” que diría o sargento Arensibia creado por Ivá e “nasío pa matá”), coa que moitos veteranos lembran as anécdotas máis divertidas dos seus anos de servicio militar.
Ramiro Calvelo Recarey, o número 8 da candidatura de Terra Galega en Carballo participa hoxe nunha boa idea da Voz de Galicia de Carballo, unha serie de artigos onde os compoñentes das distintas listas electorais se presentan a si mesmos ós cidadáns, e fan proselitismo do seu partido. Entre outros aspectos, o entrevistado fai notar que coñece a Manuel Andrade dende 1979 e que foi alcalde de barrio con el durante 12 anos, ata o 1991. Tamén destaca do seu sarxento naquelas e nestas fazañas bélicas, que “Andrade é un home con decisión, que chama ás cousas polo seu nome, como ten que ser. Nestes catro anos demostrou como se goberna un concello e seguirá demostrándoo”.
Porque os veteranos das guerras carballesas da transición foron chamados de novo a filas hai 4 anos polo seu sarxento, e ademais pretenden prolongar os seus servizos durante 4 anos máis, coma soldados que se resisten a aceptar que hai anos que se firmou a paz.
4 Comments:
El periodico dice q los carteles de Andrade fueron "pintados " por un simpatizante del bng.¿quién es este demócrata?. Si lo pillaron in fraganti no es presunto...¿por qué la voz no da más datos?
Venga, a investigar.
17/5/07 10:57
la voz, como de costumbre siempre da los datos que le conviene.... jejeje, eureteros!!
17/5/07 19:58
qué mal suena lo de eureteros!
(parece q viene de ureter)
PESETEROS, eso es lo q son. Unos miserables peseteros.
por certo, eu tamén quero saber quén era o do bnge q insultaba ó cazador.
17/5/07 23:30
Vexo que o PP vos da un euro a cada un para que vaiades a un cyber a despotricar do resto. Entra en gastos de campana �non?
18/5/07 16:47
Publicar un comentario
<< Home