Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, mayo 17, 2007

Máis pintadas


Se hai unha semana traiamos ó noso blog as pintadas realizadas sobre a imaxe de Evencio Ferrero, descubrimos agora na prensa local que o seu socio de goberno, Manuel Andrade, non correu mellor sorte.

O vandalismo e a falta de respeto democrático non respeta a nadie, e nun cartel de Terra Galega situado a escasa altura na rúa Vázquez de Parga, viñeron aparecendo repetidas pintadas nas que se lanzaban acusacións ó tenente de alcalde de Ferrero. Segundo o partido de Andrade, este feito reiterado obligoulles a cambiar o cartel ata 3 veces, ocasionando un gasto extra de 1.500 euros. Probablemente o aspecto económico é o menos importante do caso, porque visto o espectacular dispendio económico de Terra Galega (que daría para outro artigo e mesmo para un debate), 1.500 euros semellan unha esmola (por favor, que alguén que teña tempo contabilice o número de pancartas de Andrade e multiplique por 500, a ver canto sale. De dónde sale, non volo preguntamos, porque supoñemos que non o sabedes).

O curioso do asunto é que LVDG de Carballo recolle o rumor de que o autor das pintadas era unha persoa vinculada co BNG, aspecto negado por Ferrero. En calquera caso, trátase coma no caso anterior dun comportamento rexeitable, porque unha cousa é a liberdade de expresión, a liberación de tensións, ou mesmo o dedicar alguna palabra máis alta que outra a un político, e outra ben distinta é deteriorar unha pancarta ou acusar a algúen de delitos dos que no se teñen probas.


5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

xa sabemos o nome do q pinta con insultos os carteis de Andrade. ¡E se non é do bloque que veña Deus e o vexa!
Ai, Evencio, cómo se che ve o plumeiro!!!!
¿quen lle mandaria a este bloqueiro insultar ó socio Andrade?
Bloqueiros en su salsa S.A.
Cánto deben botar en falta a mobilización "callejera" nestes tempos de "pon o cú e cala".E a cara mala do goberno, non poder montar liorta.

18/5/07 13:41

 
Anonymous Anónimo said...

Señor Andrade, canto nos custa os Carballeses/as, que non somos da sua ideoloxía, a súa campaña electoral ??. Un coche municipal ao seu servicio co correspondente combustible. Expliquenos, Canto, porfavor. E se non ten coche Compreo ou alquileo, así poderan pintarllo.

18/5/07 19:40

 
Anonymous Anónimo said...

Despois de unha espera de varias horas un Policia Nacional (fora de servizo e de ideas andradistas) colleu a persoa que se dedica polas noites a facer pintadas, esa persoa polo que eo a coñezo ten ideas bloquistas, polo menos no seu Pub sempre anda cos pins de BNG, o seu nome empeza por H------
e como dirian no Un dous Tres, ata aqui podo ler.

19/5/07 19:32

 
Anonymous Anónimo said...

Al listo de "Un, dos, tres" le diré que la Policía Nacional todavía no ha llegado a Carballo a pesar de las promesas de todos los políticos de todos los colores (incluido el PP que pudo bien traerla cuando mandaba). Y añadiré que fueron miembros de Terra Galega los que montaron guardia para pillar al gamberro. Menos mal.... sólo faltaría que la Policía, aunque fuera local, perdiera el tiempo en esos menesteres. A los guardias se les llamó después y simplemente le tomaron los datos al de la travesura, que puede ser considerada más o menos grave. A ver si os enterais. Ah, y dar iniciales es es mala educación, o es que somos todos I.P. y J.M. y M.Z., un poco de seriedad....

22/5/07 17:39

 
Anonymous Anónimo said...

Algúns sodes C.A. , C.V., S. G. , Berro Seco e X.A. e poñedes as noticias asegún vos paguen os protagonistas.

22/5/07 22:17

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner