Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, mayo 28, 2007

O BNG gobernará en Carballo


Resultados sorprendentes nas eleccións municipais celebradas onte en Carballo. Contra os seus mellores pronósticos, o Bloque Nacionalista convértese na forza máis votada con diferencia, acadando 9 concelleiros, mentres que o PSOE sube 1 para chegar a 3, cousa que entraba dentro do agardado. Deste xeito, Carballo terá a bo seguro un goberno de coalición nacionalista-socialista con Evencio Ferrero como alcalde.

En tanto, os partidos de centro-dereita experimentaron un acusado descenso. O PP queda en 6 concelleiros e Terra Galega, trala súa espectacular e dilapidadora campaña, baixa a 3. Semella que finalmente a aventura de Manuel Andrade & Co. unicamente vai deixar coma herdanza na nosa cidade o famoso túnel e un goberno en bandexa para a esquerda. Probablemente non era esa a idea dos seus promotores.

Como segundas lecturas hai que subliñar que a división de voto entre populares e “centristas” provocou que os nacionalistas acadasen a victoria incluso na zona rural, e que contra a crenza comunmente establecida, a baixa participación que se rexistrou non favoreceu á dereita, senón á esquerda.

Agora a pregunta que moitos se fan é: ¿vai Manuel Andrade seguir á fronte do seu partido na oposición? Nós aventurámosnos a dudalo moito.


Nota: O resultado da quiniela que organizamos foi o seguinte:

PP: 8
BNG: 6
TG: 4
PSOE: 3

(Como vedes, non estivestes moi acertados)


6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

EU XA VOLO DECÍA, PERO VOS ERRE QUE ERRE

HABLA PUEBLO HABLA, VOTA PUEBLO VOTA

PERO NO VOTES A QUIEN TE EXPLOTA.

HEEEEIIII CARBALLEIRA

28/5/07 11:55

 
Anonymous Anónimo said...

Se va el caimán, se va el caimán...

Andrade dixo que quitara un alcalde e quería quitar outro, e vai o pobo e quítase un tenente de alcalde! Alédome. Canta grava non gastou nos últimos días!

O resultado da enquisa o único que demostra, máis que perceptores, é o lector tipo de Carballo Dixital e, de paso, a liña editorial.

Saúde.

28/5/07 12:21

 
Anonymous Anónimo said...

ESE VIÑA¡¡¡¡¡¡¡ te lo merezes por ser la persona mas honrada del pueblo pero a ver si no la cagas al formar coalicion kon el BNG.
Para vuestro kerido SUEIRO ke se dedike al chiringuito ese de la gestoria ke tiene montada en el pueblo y a su acta de diputado en Santiago.
A ver si nos dejas ya en paz y nos dejas de dar la brasa kon tus tejemanejes con el ANDRADE¡¡¡¡¡

GOOD BYE ANDRADE!!! pero sobre todo a toda esa pandilla de saguijuelas y chupopteros de PROMOTORES INMOBOILARIOS asociados a su partido¡¡¡

X cierto a ver si sois tan democratas komo decís y no me kitais el POSTEO!!!!!

28/5/07 13:41

 
Anonymous calafa said...

En Una nota anterior, preguntaba porqué el Partido Popular ocultaba el pasado "pepista" de Andrade (Recordemos que Andrade fue integrante del PP, mal que les pese a los actuales miembros de este partido), pues bien, otro comentarista de este blog, decía que en realidad, la idea de incorporar a Andrade al PP, por aquellos años (1991), había sido de Cuiña, con la oposición de Manuel Varela Rey, que se alejó del PP y formó un grupo llamado "Indepenientes por Carballo". Aquella supuesta maniobra equivocada de Cuiña en solitario (digo de Cuiña, porque al parcer por aquellas épocas su deseos eran órdenes), en definitiva logró que el PP gobernara en Carballo durante 12 años, dado que luego, el propio Cuiña, "repesca" a Varela Rey, saca de la escena política a Andrade y santo remedio. ¡Pero Claro! ahora no tenemos al genio político de Cuiña, capaz de jugadas políticas tan audaces y rendidoras. No se quien es efectivamente el que "manda" en el PP, ¿Nuñez Feijó?. Su hubiese estado Cuiña, de seguro ganaba el PP en Carballo. Él se hubiera encargado de incorporar a Andrade al PP, aunque Sueiro tuviera que formar "Independientes por el tunel" o algo similar. Ya después se encargaría de traerlo nuevamente al redíl. Ahi, ¡cómo te extrañamos Cuiña!

28/5/07 15:24

 
Anonymous Anónimo said...

Toda una muestra de saber ganar la de los anteriores comentaristas.
En esto dede de consistir la "lucha de clases": en no tenerla.
Incluso para criticar y para hacer "pintadas" hay que saber y tener un poco de estilo.

28/5/07 20:23

 
Anonymous Anónimo said...

eso de "gobernará" é moito decir.
Pode que non chegue nin a ser alcalde e, si o é, non gobernará: transitará polo concello facendo fotos e dando leccions de cojonudez. Carballo precisa de algo máis ca un "propaganda e relación publicas"

2/6/07 00:37

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner