¡Viva a evolución!
Todos sabemos o que pasou coa bandeira enarbolada con tanto entusiasmo por Evencio Ferrero esixindo a supresión da peaxe da autovía, coa reclamación do Hospital Comarcal (tanto tempo reclamado e tan pronto esquecido), coa “ambulancia medicalizada” (u-la?), etc. Pero hai outros casos de reclamacións do BNG dos tempos da oposición que son igual de paradigmáticos. Non nos referimos ós soldos do goberno local (exemplo de que o que se decía na oposición non ten nada que ver co que se fai desde o goberno). Falamos do último exemplo desta mudanza de pel permanente: o Parque do Megalitismo da Costa da Morte.
Hai 5 anos, en febreiro de 2002, Evencio Ferrero (naquel momento na oposición) reclamaba para Carballo o Parque do Megalitismo. Quería que a Xunta o emplazase en Carballo e daba moitos argumentos que facían merecedora á nosa vila dese aliciente turístico. Segundo recollen as hemerotecas, Ferrero destacaba a “situación estratéxica” de Carballo «para recibir a afluencia de visitantes que se achegan á Costa da Morte, por ser o pórtico da estrada pola que cruzan a maioría deses visitantes». Tamén argumentaba que Carballo é o núcleo «máis poboado» de la franja comprendida entre Caión y Carnota, ademáis de ser «a capital natural da comarca de Bergantiños, a máis extensa e poboada das tres que configuran esta importante rexión xeográfica e patrimonial». O líder do BNG carballés salientaba tamén a presencia de restos megalíticos no noso concello, «como son o dolme de Aldemunde ou os restos doutro que se atopan no lugar denominado Muíño da Pintura», así como a proximidade xeográfica doutros xacementos tan importantes como A Pedra da Arca, en Cerqueda (Malpica), e Dombate, en Borneiro (Cabana).
Pero claro: eso era antes. Agora, 5 anos despois, as cousas cambiaron. Non, non entendades mal: Carballo non cambiou a súa ubicación no mapa. O que cambiou é que na Xunta goberna a Cultura a súa compañeira de militancia Ánxela Bugallo, e en Carballo goberna el. Así que eses argumentos que antes eran de tanto peso, agora xa non lle parecen tan válidos a don Evencio. Claro. De aí que LVDG publicase (sen asomo de crítica, como corresponde ó diario oficial) onte este titular: “Carballo renuncia a llevarse al municipio el Parque do Megalitismo. El regidor entiende y aprecia los criterios que llevaron a Patrimonio a elegir Dombate”.
Mentres o alcalde de Vimianzo se mostraba disposto incluso a organizar unha manifestación contra a decisión da Xunta por non elexir o seu concello, o de Carballo mostrábase máis comprensivo (xa sabedes, "entiende y aprecia"):
"Según el regidor, la decisión de centrar los esfuerzos en Cabana está bien tomada: «Dombate é o lugar apropiado, é o monumento máis notable do megalitismo», dice. Entiende que, aplicando criterios poblacionales y de referencias comarcales, lo lógico hubiera sido llevar el parque a Carballo, «pero se se busca unha referencia histórica o criterio aplicado é válido», afirma, y asegura que en ese sentido Dombate supera con creces a cualquier otro emplazamiento.
Carballo, pues, no seguirá luchando por el Parque do Megalitismo.
En la comarca han surgido voces más críticas en el tema que la del regidor carballés. Asociaciones y ayuntamientos sostienen que debería haber dos referencias: Dombate contaba ya con plan propio. La otra debería ubicarse en otro lugar para que el dolmen no eclipse el resto del patrimonio.
Hai que ver, cómo cambian as cousas!
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home