Sereas e Piratas
Segunda edición do festival musical organizado pola A.C. Rebeldía, que con tan suxerente nome se vai celebrar esta fin de semana na parroquia de Razo.
Trátase dunha atractiva combinación de deporte e música que inclúe campionatos de surf ou skate e que contará con grupos coma Delorean, Fran3s e Los Justicieros, con dj’s.
Na organización colaboran escolas de surf coma “3eses” e “Art Surf Camp” (a quen xa adicaramos un post), e agárdase mesmo a participación de xentes chegadas do estranxeiros. Así pois, aínda que o tempo non acompañe, a marcha e a diversión estarán garantidas en Razo. Non deixedes de pasarvos por alí. Nós non habemos faltar.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home