Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, diciembre 23, 2008

Sargadelos en Carballo


Magnífica noticia para os amantes da artesanía e para todos os carballeses en xeral. Porque Sargadelos non só é unha empresa exemplar no ámbito da cerámica, senón que ademais ten recollido coma ninguén unha forma orixinal de plasmar o que somos os galegos, e a través das súas salas serve para dar a coñecer o traballo de moitos artistas da nosa terra.

En efecto, ábrese hoxe en Carballo unha nova galería de Sargadelos, concretamente no nº 19 da rúa Camiño Novo. E faino a través dunha mostra de pintura, a correspondente ó traballo de Vítor Mejuto, co título de "Do Volume ó Orgánico". Unha mostra na que, segundo informa A Nosa Costa, o autor "expresa o seu interese por novas formas que falan dun orden novo e miran, de xeito abstracto á misteriosa arbitrariedade da natureza".

A hora serán as 20:00, e agardemos que esta nova sala siga de agora en adiante a servir de espazo para outras e interesantes iniciativas culturais. Benvidos.




Etiquetas:

0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner