Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, mayo 07, 2009

A vida do BNG


Como moitos de vós xa saberedes, o Bloque Nacionalista Galego leva dende as pasadas eleccións inmerso nun proceso para dilucidar o seu futuro líder e o da súa formación. Proceso que resulta particularmente complicado no caso dun partido que non é realmente un partido, senón un conglomerado de partidos políticos diferentes, e onde non existen tendencias ou liñas máis ou menos diferentes, senón completas organizacións independentes cada unha delas co seu propio funcionamento.

O caso é que dende o momento do anuncio da dimisión de Anxo Quintana téñense postulado diferentes liñas para participar na súa próxima e decisiva asemblea. Non é fácil para os non iniciados facer unha análise completa da maraña de plataformas, siglas e matices que rodean o mundo do nacionalismo galego, pero imos intentar simplificar e facer un resumo das principais. Por unha banda está a liña continuista liderada por Carlos Aymerich con “Máis BNG”, defensor da labor do de Allariz durante estes anos e que teoricamente aboga por un nacionalismo máis moderado e pragmático. Por outro lado os “Irmandiños” de Beiras (nacidos de “Esquerda Nacionalista”), que conta co apoio de Camilo Nogueira, que se ten mostrado particularmente crítico coa deriva do BNG, e que defende un retorno ó socialismo e ó activismo da esquerda. E por último está a candidatura da “Alternativa pola Unidade” de Guillerme Vázquez, apoiado pola UPG, o partido tradicionalmente máis poderoso da organización e o encargado de manter a ortodoxia marxista leninista. E todo isto sen mencionar a “Máis Alá”, o “Movemento Pola Base”, o “Grupo dos Non Adscritos”, o “Espazo Socialista Galego” (escindido de “Esquerda Nacionalista”), o “Movemento Galego ao Socialismo” (escindido del “Movemento Pola Base”), a “Nova Esquerda Socialista” (estes xa dimitidos do BNG), as “Listas Abertas”, etc. Por favor, non nos pidades que expliquemos que defende todos estes grupos nin que relación teñen entre sí.

En fin, que contamos toda esta historia porque A Nosa Costa informábanos onte da presencia de candidatos de Carballo nestas listas. Concretamente, en “Máis BNG” aparecen Belén Lendoiro e Lois Lamas, mentres que na “Alternativa pola Unidade” atopamos a Milagres Lantes e Vítor Recarei. O “Encontro Irmandiño” de Beiras parece non contar con demasiados apoios en Carballo. Coma din no vídeo que ilustra este post, se cadra é un ¡disidente!



Etiquetas: ,

2 Comments:

Anonymous JVK said...

Siempre, siempre!!!. Hace muchos años que digo que en el BNG son como la unión popular de Judea, frente popular de judea, o como sea!!. Me alegro de no ser el único que lo ve tan claro!!!.
É moitooo oh!!

7/5/09 20:05

 
Anonymous Anónimo said...

¿Cómo? No, son de la Unión Popular Judaica ¿Unión popular de Judea? ¡Disidentes!

7/5/09 21:09

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner