Pincho de Verán
Unha desas iniciativas que ós amantes da boa comida nos alegran o día. O Concello de Carballo en colaboración con varios establecementos da vila vai poñer en marcha a “Ruta do Pincho de Verán”, a celebrar os sábados e domingos deste mes de agosto, en horario de aperitivo da comida (12:00 a 14:00) e mais da cena (20:00 a 22:00).
O asunto consistirá en que cada local ofrece un pincho gratis por cada consumición, e os clientes poderán votar nunhas urnas para valorar a calidade do ágape, con sorteo de cestas incluído. Os locais que polo de agora se teñen sumado a este idea son o Pincho, o Klandestino, a Pizzería Vesubio, o Habanos, a Cabaña, o Pescador, o Xabarín, a cafetería dos Baños Vellos, o Rincón de Elías, o Bergantiños, o Rincón, o Quijote, a Ánfora, o Pincho 2, a Bombonera e o Juzgado, aínda que poderían engadirse máis ó longo destas datas.
Para seguir esta ruta na internet hai un blog: www.blogoteca.com/depinchosporcarballo. Post data: coidado cos pinchos de tortilla que veñan de Aletas de la Frontera.
Etiquetas: comida pincho concello
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home