Carballo en primeira liña
(Foto: Anosacosta)
Xa en posts anteriores falaramos dos nomeamentos de Alberto Sueiro como presidente de varias comisións parlamentarias, ou de xente coma José Rey Pichel (Director Xeral de Patrimonio), María Torres (Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia), ou mesmo Vítor Recarei (responsable comarcal do BNG). Entre os anteriores nomes cesados polo cambio de goberno na Xunta está o de Milagres Lantes, ex Delegada Provincial de Cultura. Sen embargo, Carballo non vai perder representación porque xustamente ese mesmo posto será ocupado polo ex-alcalde Manuel Varela.
En realidade o posto non é exactamente o mesmo porque Feijoo tomou a decisión de suprimir a todos os delegados provincias e substituilos por un único superdelegado para todas as áreas en cada provincia. Pero unha vez suprimida a Delegación, a Xefatura Territorial de Cultura e Turismo que ocupará Varela será o máximo órgano provincial na materia.
Agardemos que este nomeamento, que por outra banda había tempo que sonaba, non sexa o último, e que os carballeses ocupemos o lugar que merecemos na primeira liña dos ámbitos de decisión.
Etiquetas: política local, Xunta
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home