A sentencia do Artai, explicada para torpes
Logo dunha boa tempada afastado de Carballo e das súas novas, por motivos laborais, atópome con ista polémica tan interesante.
Tentando aportar un gran de area, aínda sexa moi pequeno, a este gran lío que parece ter a xente que opina deste asunto, voulles contar un "sucedido" que lle ocorreu a un veciño dun Concello de Galicia.
O Sr. Xosé, labrador de toda a vida, marchou da casa patrucial cando lle tocou en herencia toda a seu irmán maior no reparto, e, como non tiña casa, pero sí lle tocara terra dabondo para traballar nela, decidiu construir unha casa. Era aló polo ano 2004. Resulta que o Sr. Xosé, home honrado onde os haxa, era de pouca cultura pero moito sentido común, e foi ó Concello a pedir a licencia para construir a súa casiña nas súas terras e así poder seguir traballándoas.
Cando chegou ás oficinas, dixéronlle que as súas terras eran rústicas, cousa que él xa sabía, e que nelas non podían darlle licencia.
O Sr. Xosé, estrañado, preguntou como entón se estaban a construir casas de par das súas terras.
Foi entón cando lle dixeron que, para construir en terreo rústico, había que ter uns metros polo menos para que lle deixaran obrar, e ademáis a casa tiña que ser auxiliar dunha explotación agraria.
O Sr. Xosé, ignorante da forma, pero vendo que, dándolle voltas raras, podía obrar a súa casiña, pois cumplía cos requisitos, pedíu, por medio do Concello, a autorización autonómica para obrar a súa casiña, porque resultou que era a Xunta quen tiña que darlle permiso para obrar en terreos rústicos.
Logo de esperar case un ano, a Xunta doulle permiso, e o Concello, visto o permiso da Xunta, licencia para obrar, e o Sr. Xosé, contento coma nunca, gastou os aforros dunha vida, máis de 25 millóns de pesetas, en facerse unha casiña preciosa, que rematou no verán de 2005.
Pero, cousas da vida, o veciño do Sr. Xosé, Brais Nugué, home retorto e avinagrado, denunciou ó pobre de Xosé no Xulgado.
O Sr. Xosé, todo tranquilo, foi a un abogado ca súa licencia na man, sabedor de que él non cometera ilegalidade ningunha.
Foi entón cando, ó salir do abogado, o Sr. Xosé, tremando co medo, pensou que era un ignorante. Resulta que se a Xunta se equivoca, ou o Concello, a súa casiña pode acabar derribada, teña licencia ou non.
Este mundo é de tolos, pensou o Sr. Xosé, que vía correr perigo a inversión dunha vida.
Logo de 2 anos de espera, a comenzos de 2007, os Tribunais anulan a licencia da casa do Sr. Xosé, e ordenan derribala.
O Sr. Xosé, xa maior, dubida se pegarlle un tiro ó do concello, ó da xunta, ó veciño, ó abogado, ou simplemente mandar a todos tomar polo .....
Moraleja: aunque tengas licencia, ándate con ojo, que las escopetas las carga el diablo.
Espero que o entenderan e se deixen de pastar en prados moi lonxanos da realidade.
Os únicos que NUNCA son responsables nestes casos son os titulares das licencias, pois son os que actuaron de boa fe. Calquera de vostedes, se pide unha licencia e lla conceden, obraría en consecuencia.
Tanto é así, que a indemnización que poden solicitar os donos do colexio poden ser INMENSAS, pois teñen invertido moitos cartos, e teñen dereito a recuperar todo o invertido, e a cobrar o que deixen de ganar durante moitos anos vindeiros.
Xa, por último, unha pregunta: ¿a ninguén lle chama a atención que se o colexio está construido nunha parcela que antes formaba parte dunha parcela máis grande, que se partiu en 2 para venderlla ós donos do colexio, o Tribunal de Xustiza declare urbana a mitade que non se vendiu, pero diga que a mitade onde está o colexio é rústica, e por iso non se podía edificar alí?
Desde logo que o Sr. Xosé non o entendería tampouco.
País.....
Quen fixo a Lei... fixo a trampa.
13 Comments:
Moi ben explicado, si señor, como ten que ser. Xa era hora de que alguén dixese as cousas claras, lonxe de tanta demmagoxia como estamos soportando estes días, que se o alcalde era do PP, que se a Xunta era do PP, que se a muller do alcalde era a administradora do colexio e unha das socias fundadoras... Iso, que se enteren algúns, non ten absolutamente nada que ver con todo o que pasou, porque todos os implicados obraron sempre de maneira absolutamente correcta.
Noraboa por este artigo.
10/7/09 11:48
Claro, si ahora la culpa va a ser de Evencio o, ¿por qué no?, del propio Zapatero, puestos a decir tonterías... Que mala es la gente, se pone a acusar aún a sabiendas de los numerosos santos y angelitos que pueblan las filas del PP, siempre buscando el bien común y nunca el bien propio. ¿Oh?¿que una de las socias fundadoras era la mujer de Varela?. Dios mío, increíble, debe de ser una de esas casualidades que se escuchan últimamente, como ciertos trajes regalados, cuentas de "caja B" en las Islas Caimán... pero no seamos desconfiados, el PP nunca ha dado motivos para sospechar de su administración en ninguna parte. Mi opinión del tema: si es ilegal, abajo con él y los chavales a la enseñanza pública y de todos. O que sus papis los lleven a privados de A Coruña, con los aires de solvencia que se dan no deberían tener problemas... el caso es convertir los aires en solvencia real.
10/7/09 14:33
Quen fixo a Lei... fixo a trampa.
Lamento observar que a demagoxia non ten cancelas. De nada serve dar esplicacións ós cegos que non queren ver, nin ós que, coma as bestas, levan os ollos tapados e só ven de fronte, sen ningunha visión obxectiva ou espacial.
Non todo vale na política, nin todo neste mundo é política, Sr. Anónimo das 14:33 h, pero isto a vostede seralle absolutamente imposible de entender.
O que eu dicía. País.........
10/7/09 16:30
Home. Creo que Varela sabe o que fixo e como o fixo. O caso máis notable é o de Razo. Legalizou o cortello que fixo o señor Tito (contar que o fillo JJ, nas seguintes eleccions, foi pola lista do PP. Terá algo que ver?), pegado a praia,ou mellor dito, encima da praia, e deixou sen legalizar, porque el quixo e despois de facer promesas e promesas ós veciños,a urbanización proxectada por eles. Dita urbanización non ia a ser unha chea de chalets adosados, ou edificios de pisos, senón que ia a ser onde os veciños de Razo, ou de Carballo, poderian facer as súas casas, ordeadamente, con tódolos servicios (auga, luz, e aceras pagadas por eles), cedendo un porcentaxe moi alto ó concello para zonas verdes, etc. O señor Varela, dous días antes das eleccións, ainda andaba dicindo que sí, quei imos a facela, que non imos deixar construir fora dela, que Razo vai a estar ordenado, que ides ter ruas anchas, etc. etc.
Hoxe, calquera que vaia a Razo, poderase atopar con chalets que invaden camiños polos que antes iamos a praia. Pódese atopar rúas (ou mellor dito, espacios entre muros de chalets) nas que non poden pasar dous coches. Pódese atopar que, calquer día que fai bo, para aparcar ten que deixalo casi en Nétoma, muros que están casi tapando o regato que atravesa Arnados. Eso sí, ten unha fonte na que gastaron a ostia de pasta. E tamén, o que sí, quen queira pode facer unha casa onde queira, como queira e collendo o que queira, sempre e cando non sexa de Razo. Ah, ahí si que vas a ter problemas.
Pero isto non quere decir que os que governan agora sexan mellores ou peores, porque xa vemos como está Razo. Creo que a única praia do concello (e falo de Razo-Baldaio-Pedra do Sal) pois é toda unha, pra min, facia falta que miraran por ela. Esto non é unha crítica nin o PP nin a ningún grupo político. É a todos. E tamén a Varela, pois, desde que teño memoria, é xa non son novo,creo que foi do peor que puido pasarlle a Carballo.
10/7/09 20:36
Aquí os únicos torpes e analfabetos son os Xuices que elaboraron a setencia. Os demáis, todos uns santos e faltos de intereses. Os xuices sempre meténdolle o dedo no cu á galiña.Unha pena.
11/7/09 14:23
Tal e como di o comunicado, o sr. Xosé,viu que se podían dar "unhas voltas raras para conseguir o que quería", e él, ca sús ignorancia non viu máis aló. O do caso do colexio, foron perfectos coñecedores das voltas raras que había que facer para conseguir o que querían, e eles si tiñan mirado máis aló. Neste caso do colexio, e seguindo ca comparativa, dase o caso curioso, que o Sr. Xosé, e maís o político de turno son o mesmo.
Casos coma o exposto están plagados os concellos, a espera de que calquer veciño presente denuncia, simplemente por que non o deixan construir e non quere buscar esas "voltas raras".
A parte de que das "voltas raras nos concellos tan só se lles informa a algúns, e corren moito risco. O que carga o diaño non sos ás licencias, sinon ás "voltas raras". Coidado.
11/7/09 21:11
A min, o que mais me mosquea de todo isto, é que CD queira xustificar este asunto.
O que fai o governo da esquerda é todo inmoral, pocallento, ilegal, de poucas luces, con interés partidista, etc.
Pero velahí, o que fai o PP é xustificable, e ademais entandible por calquera parvo de poucas luces.
No fondo, era algo que xa esperaba.
11/7/09 21:25
A xustificación que quere dar o pp, da a sensación que quere seguir as pautas marcadas polo partido a nivel nacional. Escusar isto, é coma escusar o dos traxes. Señores, é a xustiza quen está a decir que hai cousas mal feitas. Non é un partido aquí e outro aló, quen o di, é a xustiza. O do Artai non é unha sentencia do governo bipartito, é unha sentencia do maior Órgano xudicial de Galicia. Ata o de agora é imparcial, e tan boas son as sús decisións cando favorecen, coma cando perxudican, que haber, hai para os dous bandos.
12/7/09 13:41
Creo que el contenido de este artículo cambiaría bastante si el Sr. Xosé llevase puesta la camisa roja o la celeste en vez de la azul que llevaba el día que fue a pedir la licencia.
Me hace gracia lo de "nin ós que, coma as bestas, levan os ollos tapados e só ven de fronte, sen ningunha visión obxectiva ou espacial", ¿acaso hay algún retazo de objetividad en este artículo?. Tampoco es de extrañar, el fomento de la ignorancia y la imposición de opiniones e ideas están bordadas en la camisa azul de nuestro amigo Xosé, y en el de sus hermanos mayores. No es nada nuevo.
El caso es que estamos en el siglo XXI y por suerte (y desgracia de muchos) la ignorancia se va dejando atrás.
12/7/09 13:54
Quen fixo a Lei... fixo a trampa.
Vexo que non hai forma: terei que esplicar esto todavía máis (será a última).
A ver, por partes:
- Sosteño que é o mesmo de que cor teña a camisa o Sr. Xosé. Olviden a política por un momento, por favor, que xa da noxo tanto levar todo ó mesmo rego.
- Sosteño que a licencia non a deu nin Varela, nin Fraga, nin Aznar, nin Zapatero.
- Non hai ningunha "volta rara" que signifique malicia por quen pide a licencia: as voltas raras, para quen non o saiba, que parece que non se entende, son os trámites especiais que hai que facer para pedir licencia en solo rústico (sí, pódese pedir, non é ilegal, ten un trámite expreso, chamado "de exceción", na lexislación urbanística galega). De novo isto non ten que ver ca política. Teñan un pouco de sentido.
- O artigo non pretende ser obxectivo, é a miña visión persoal: pero tampouco partidario. Pretende ser neutro. E digo que a política ten pouco que ver nesto. A proba é que nin Varela, nin Fraga, nin o conselleiro de obras públicas están condenados, nin procesados, polo asunto.
- As licencias municipais, e as autorizacións da Xunta para edificar en solo rústico, infórmanas os técnicos dos respetivos departamentos. E, se un político se afasta do seu criterio, non teñan dúbida de que, nun caso coma este, estaría procesado por prevaricación. Curioso que non sexa así, verdade? Será porque xa foron absoltos, porque os técnicos deron o visto bó (e tamén se equivocan, polo que di a Xustiza).
- Eu non escoitei ó PP escusar isto, nin nada parecido. Só lin na VdG unha opinión do Sr. Varela que me pareceu ben coherente: se a Xunta deu permiso, e é a que ten que dalo, non hai máis que opinar.
- A sentencia do TSXG é a que é, e ten que ser respetada. Pero é totalmente inxustificable. Vouno dicir dunha maneira máis clara. O colexio edificouse sobre a metade dunha finca que compraron as promotoras. Os que lla venderon reclamaron ó mesmo TSXG que a metade que aínda era deles debera ser urbana, e recorreron o PXOM para que o tribunal así o recoñecese. E vai o tribunal e dí que teñen razón. Logo, se era toda unha mesma finca entón, por qué agora un cacho é urbano según o tribunal e o outro non só sigue sendo rústico sinón que, a maiores, é ilegal obrar nel? Eu non o entendo. Respeto ó tribunal, pero creo que nadie pode entender esta discriminación.
- E para rematar, perdoen o uso do termo "bestas", pero é que non me colle na cabeza cómo non se pode entender unha esplicación tan simple, salvo por mentes tan deformadas pola política que só poden entender cada cousiña que pasa neste mundo coma un feito de trascendencia política. Repito: a política non o é todo neste mundo, nin todo neste mundo é política.
Despídome dando por zanxado o asunto, aburrido de argumentos tan peregrinos que parece mentira que faga falta seguir esplicando nada, salvo que se espliquen por non ter entendido, ou siquera lido, todo o artigo.
De monaguillos está cheo o mundo.
12/7/09 20:12
Precioso. Típico discurso del profesor aburrido de que sus alumnos cuestionen la lección, quizá porque en su formación no había cabida a la duda ya que la misma era castigada, al igual que ser zurdo era un pecado.
Si el artículo es una opinión personal, ¿por qué se intenta imponer esta "opinión personal" como la única válida?. Frases como "Vexo que non hai forma: terei que esplicar esto todavía máis (será a última)", "pero é que non me colle na cabeza cómo non se pode entender unha esplicación tan simple", "salvo que se espliquen por non ter entendido" parecen mantener la "opinión personal" que se explica en este artículo como legítima y única... ¿acaso el TSXG no tendrá su propia "opinión" para emitir su veredicto?¿y la versión del denunciante?.
Se le acumulan las preguntas de unos alumnos curiosos, profesor. Y cuanto más se torna por la diestra su versión de los hechos más cuestionada va a ser su Historia. Puede que en sus tiempos de alumno a sus compañeros zurdos se les atase la mano hábil y se les obligase a escribir con la derecha, pero los tiempos han cambiado, "profe".
Y sí, de monaguillos está lleno el mundo, cumpliendo con su centenario cometido, pasar el cepillo.
12/7/09 23:49
A mi no me toquen los cojones, la culpa es de los nacionalistas, que no sacaron adelante el PXOM con la parcela reconocida como urbana y punto.
Feijóo va a ser el que salve al colegio, aprobando urgentemente el pxom.
Ferrero y Viña que dimitan si tienen vergüenza.
13/7/09 12:38
¡Qué urgencia se ha dado nuestro amigo Feijoo! esto si que es eficacia vaya, y estamos a 7 de octubre. ¿No será que el amigo Feijoo tendrá que ocuparse primero de lo que tiene en casa y después de lo del vecino? parece ser que los tentáculos que creían tener algunos no llegan tan lejos... una pena vaya.
6/10/09 21:52
Publicar un comentario
<< Home