Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, junio 25, 2009

Vídeos do San Xoán

Nesta etapa de carencia de novidades e hastío informativo, combatimos a calor e a tormenta con estes primeiros vídeos das festas deste ano, e cunha recomendación para o ano que ven: xa metidos no empeño de facer unhas festas alternativa e diferentes, atopamos a mellor actuación estelar. É da casa, non ha cobrar moito, é único e espectacular: ¡Maradona ó palco principal da praza!











Etiquetas: , ,

9 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Xa non podedes dicir que hai carencia de noticias, eu sei dunha moi sabrosa...

que vos parece o rebumbio sobre a senteza do Artai?

jaja vaia bomba vaia

29/6/09 14:23

 
Anonymous Anónimo said...

aqui dous videos que contrastan que si houbo xente este año no sanxoan

Dios salve a la reina:
http://www.youtube.com/watch?v=7bH7gC9pnek

Lori Meyers:
http://www.youtube.com/watch?v=YwjRWUl588c

Para min foron unha das mellores en anos, é a miña opinion personal.

29/6/09 14:32

 
Anonymous Anónimo said...

Pareceme ben falar do tema. Pero teñen que empezar por tirar todalas casas ilegais do concello (monte Peados,etc), os edificios con mais altura da permitida e arranxar As Saíñas. Despois poden seguir polo colexio. Eso sí, supoño que terán que facer outro para meter a catrocentos rapaces...de Carballo

29/6/09 22:31

 
Anonymous Anónimo said...

As chapuzas son chapuzas. As ilegalidades tamén, aínda que as fagan os que nunca fan nada. Fan falla as prazas do colexio, claro que sí. Xogaron con iso dende o principio. Xa sabían cal ia ser o resultado e o pensar da xente. Quen se vai a atrever a deixar sin escola ós nenos. Pero aínda así, non son tan defensores da legalidade coma o queren vender. Ca disculpa dos nenos, os que sairon ganando foron outros. Pero como xa sabemos quen é cada quen, non é preciso tirar o colexio. Que recalifiquen o que teñan que recalificar, e espero que non se perda a memoria, para futuras eleccións.

30/6/09 01:10

 
Anonymous Anónimo said...

Estamos á espera, CD, de que faledes do asunto "Artai".
Non esquezades comentar quenes son as "socias" do colexio, das que fala o ex-alcalde.
Esperamos ...

30/6/09 08:11

 
Anonymous Anónimo said...

jajajaja mirade como non se mollan cando hai noticias interesantes, e despois veñen dicindo que hai sequia informativa jojojojo sonche o demo.

Que fale Varela, Sueiro, Juan Carlos, que falen que falen.

O peor de todo vai ser que grazas ao BNG non derrubaran o colexio, porque quedarán centos de nenos sen escola, e isa seria unha medida pouco progresista, pero o susto xa o tedes no corpo.Que recoñezan que fixeron unha irregularidade, que paguen unha boa sancion, que non derruben o colexio e que aprendan para outra !!

CarballoDixital, insisto, facede unha investigacion profunda desas que tanto vos gustan cando toca a alguen do bipartito carballes,como a de Lourdes, e dadenos informacion. Ide empezando ide

30/6/09 14:01

 
Anonymous Anónimo said...

Pois sí, tamén podería falar xente coma Juan Ramón, jeje.

30/6/09 16:31

 
Anonymous Anónimo said...

¿qué juan ramón?
o profe do fogar que tantopresionou para que se lle mandaran ós pais os "conselliños para encher a enquisa sobre o tema da lingua no ensino"???
juan, se tes moito interés no galego, vai empezando pola tua casiña...entendes ¿non?
á miña filla deixadea tranquila e falando o que lle peta
o.k.?

1/7/09 00:54

 
Anonymous Anónimo said...

en casos coma este sería moi bo unha expropiación, sin dereito a indemnizar, e a escola sexa pública.

6/7/09 01:54

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner