Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 08, 2009

Sube o Bergantiños


As noticias acumúlanse neste inicio de xuño carballés. Na xornada de onte as famosas formigoneiras do ascenso do Deportivo voltaban á carga para apoiar ó Bergantiños (entrada na Wikipedia) no seu asalto á 3ª división. E non foi en balde.

Logo da derrota por 3 a 2 no campo do Barbadás, os de Brizzola precisaban gañar alomenos por un gol para superar a eliminatoria e acadar o tan ansiado retorno á categoría nacional. E foi un solitario gol de Jordi o que fixo estremecer ós preto de 1.500 siareiros que ateigaban o campo das Eiroas, e desatar a tolería colectiva cos claxons que durante toda a tarde atronaron á capital de Bergantiños.

Así pois, logo dunha sufrida tempada “no inferno”, o primeiro clube de fútbol da comarca retorna por fin á categoría que por historia e tamaño de poboación lle corresponde. Noraboa.



Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner