Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, mayo 29, 2009

Non foi doado





Non foi doado, pero por fin demos atopado a noticia que máis xogo nos podía dar no post de hoxe de CD. Non foi doado porque nesta xornada tiñamos tamén o balance da media lexislatura que veñen de facer os líderes políticos locais, ou a presentación de ofertas para redactar o n+1 proxecto do mercado de abastos, reducido agora á reforma do edificio existente.

Pero tras ler e reler a prensa local, o equipo de redacción de Carballo Dixital, asesorado polo Servizo de Análises Lingüísticas do noso blog, decidimos escoller como asunto do día o premio que o Concello de Carballo ven de outorgar a Pilar García Negro como gañadora co prestixiosísimo “Concurso de artigos normalizadores”.

Dende o noso equipo de redacción quixemos destacar a imaxe “moi plástica e visual que retracta e describe a situación actual do conflito lingüístico entre galego e castelán” (sic) que segundo o xurado deste premio mostra o artigo de García Negro. Ó parecer hai unha “introducción de conceptos interesantes, modernos e novidosos e moi valiosos para a descrición sociolingüística, como 'lingua inevitábel' ou 'xustiza ecolingüística'» e, ademais, «á súa calidade e ligazóns lingüística e argumentativa, cun fío discursivo que dirixe todo o artigo cunha tese que se defende durante todo o texto e que o pecha». Como diría un castizo moderno: te cagas.

Pilar García Negro, como moitos de vós saberedes e se non decímovolo nós, é profesora da Universidade da Coruña, escritora, é tamén unha destacada política membro do BNG (militante da UPG, como o alcalde carballés, aínda que este se preocupa moito de escondelo). E vendo este currículum, está ben claro que a súa elección non debeu ser doada, e que se trata dun exemplo a seguir polos membros da “normalizacion lingüística”, en particular en Carballo. Para todos aqueles que devecedes por ler este artigo “plástico” e “visual” que tan ben describe o “conflito lingüístico” con conceptos como a “xustiza ecolingüística”, sabede que será publicado nos vindeiros días en todos os xornáis editados na nosa comarca (e pobre do que se escaquee). E aínda que a nós non nolo mandaron, imos copialo e publicalo tamén. Xa nos tarda.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner