Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, mayo 19, 2009

Dun ano a esta parte… nada novo baixo o sol


Trátase dun exercicio moi saudable, repasar a hemeroteca de hai un ou varios anos, e comprobar de qué estabamos a falar por aquel entón e qué cambios se teñen producido ata hoxe. Así que, a falta doutras novas máis destacadas que abordar, imos aló. Este é un breve resumo dos nosos artigos do mes de maio de 2008, e unha análise do que sucedeu ata hoxe… pouca cousa, veredes.

¿Quién es quién?

Vuelve el hombre

Ciencias políticas

Evencio avisaba que un concelleiro da oposición cobraba máis que algún do goberno. Ese concelleiro acabou resultando ser Andrade. ¿Consecuencias? Ningunha. O líder de TeGa seguiu coa súa oposición-colaboradora co goberno, ata o punto de ser nombrado comisionado para a elaboración do regulamento de participación cidadán. E así seguiron as cousas ata que o resultado das eleccións autonómicas forzaron a Andrade a virar 180 graos a súa estrategia política para sobrevivir. Para entendelo, xa por entón nos facía unha clase maxistral de ciencias políticas.

A Policía Local de Carballo, en pé de guerra


Diversos frentes, básicamente laborais, provocaban airadas protestas dos axentes contra o goberno. A recente aprobación da RPT ten calmado os ánimos, anque quedan aínda ascuas de malestar pola organización interna da policía, tal e como podemos ler nos comentarios dun post recente.

Desaparecido

No medio de diferentes polémicas, Evencio desaparecía da escena política. E o certo é que durante este ano a ubucuidade do primeiro edil tense reducido notablemente con respecto á lexislatura anterior.

Bruce Willis en Carballo

O tráfico xa daba moito que falar, pero dende entón ata hoxe a única medida adoptada polo goberno foi a colocación dun par de pasos de peóns elevados no casco urbano.

Novedosa propuesta de aparcamientos del PP

O PP aclara a súa proposta de aparcamentos

O PP propoñíalle ó goberno local a idea de facer edificios de aparcamentos en altura. Non lle fixeron caso ningún… e tampoco crearon aparcamento definitivo ningún.

Aparcamento para radiocontrol

Aparcamentus interruptus

En ocasiones veo promesas cumplidas

Bola de cristal defectuosa

Tras moitos anuncios e promesas o bipartito por fin abría o tan anunciado aparcamento provisional na vila de Negreira. Un ámbito para… ¿12 coches? …no que se debía saír marcha atrás. Máis tarde abriríase outro parking provisional detrás da estación de buses que sustituiría ó anterior, e que á súa vez vai ser sustituido por outro agora… 3 aparcamentos provisionais consecutivos no mesmo lugar, ou como dar moitas voltas para voltar ó punto de partida e non avanzar nada. Sen embargo, había quen consideraba que se cumprían as promesas…

Aquí no hay quien descanse


Nos Baños Vellos os visitantes da nosa localidade quéixanse de que non poden durmir… e igual seguimos un ano despois.


Vídeo-nota

Rendición na Gran Vía?

As Novas Xeracións do PP denunciaban as chapuzas das obras do goberno local. Un ano despois unicamente se solucionou o problema das farolas de Oza, o resto sigue igual, singularmente a Gran Vía.

Con el PSOE hemos topado

Catro facendo o sueco

A descoordinación PSOE-BNG e Xunta-Concello impedía construir nin gardería nin novo colexio nos terreos do Bergantiños nin en calquera outro lugar. Un ano despois, todo sigue igual, o desastre da xestión educativa chega ata os xornais de hoxe mesmo.



Etiquetas: , , ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Se os ve tanto el plumero...

20/5/09 12:50

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner