Aniversario de Brañas
Cúmprense este ano o 150 aniversario do nacemento do carballés máis ilustre. Con tal motivo a biblioteca municipal alberga estes días unha exposición na que se poden ler, e nalgúns casos levar prestados, uns 20 libros escritos ou referidos á obra de don Alfredo Brañas: dende unha edición de “El Regionalismo” que data de 1889, a unha serie de obras publicadas pola Fundación Alfredo Brañas que glosan diferentes aspectos da súa obra.
Pola nosa banda quixemos facer un breve percorrido pola rede para comprobar cal é o nivel de información que existe sobre o escritor, político e pensador nacido no edificio do Mexillón. E tristemente temos que dicir que non é todo o abundante que nos gustaría. Velaquí un resume:
Artigo da wikipedia (bastante breve):
http://es.wikipedia.org/wiki/Alfredo_Bra%C3%B1as
A fundación que leva o seu nome (un pouco parada últimamente):
http://www.fundacionbranas.org/
Outro artigo tamén bastante breve:
http://www.galegos.info/es/alfredo-branas-menendez
A galipedia tampouco lle fai xustiza:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Alfredo_Bra%C3%B1as
E polo demais, a maioría de resultados dos buscadores refírense ó instituto Alfredo Brañas, a rúas co seu nome, ou as recentes declaracións do conselleiro de Cultura.
Polo tanto o aniversario de Brañas non está a ter en Internet o eco que merecería. Agardamos que se poida correxir ó longo do que queda de ano.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home