Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, junio 03, 2009

Pasaba por aquí…


Lugar: entorno de San Caetano. Hora: media mañá. Por unha beirarrúa achégase o tenente de alcalde de Carballo, José Antonio Viña, e mais un ordenanza municipal. Nun pequeno carriño levan o voluminoso documento que compón o Plan Xeral de Urbanismo. De pronto pola mesma beirarrúa, e por pura casualidade, achégase un fotógrafo e/ou xornalista da Voz de los Ricos e Poderosos:

- Home, José Antonio! E logo que fas por Santiago?

- Hola, pois nada, viña aquí entregar unha copia do PXOM. E ti?

- Pois nada, casualmente pasaba por aquí dando un voltiña, a facer un recado na Xunta. Hai que ver que calor vai hoxe, eh? Parece que vamos para o verán.

- Ai pois sí, este tempo vai tolo.

- Oíches? Xa que estamos aquí podo sacarche unha foto para publicala mañá no xornal, e así xa temos cuberto un espazo, qué che parece?

- Ai, pois non o pensara, pero xa que o dis…

Esta é a conversa que, supoñemos, se debiu de producir onte en Santiago de Compostela, a tenor da fotografía que hoxe publica LVDRP na que se ve a Viña empurrando o carriño para acceder ás dependencias da Xunta. Porque do contrario, se o que pasou foi que Viña convocou ós medios de comunicación para que foran a propósito a Santiago a sacarlle unha foto realizando o que é un acto meramente de trámite, estariamos a falar dun autobombo e un compadreo difícilmente asumible. Así que, case que mellor, quedarémonos coa primeira versión, e suporemos que os xornalistas simplemente “pasaban por alí”.



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Vaya sorpresa me encuentro al buscar alguna referencia en google sobre "posibles blogs" carballeses, lo que hace el aburrimiento. He estado leyendo por encima algunas entradas y ciertamente son originales, felicito al autor (en este caso creo que debería decir -es) porque realmente son divertidos por las diversas referencias a actores famosos, películas o culebrones.

Quizá el defecto que le puedo encontrar es que se nota de lejos por donde van los tiros y del pie que cojea. No sólo por la crítica única al gobierno local, sino también por la falta de la misma hacia la oposición. Es verdad que un blog es algo personal, su contenido suele ser subjetivo, pero muchas veces se podría conseguir más público con retazos de objetividad.

En fin, la verdad es que me he reído un rato con la imaginación que se despliega en las diferentes entradas, pero en el fondo me encanta la crítica diestra, es una verdadera comedia (no había mejor manera de levantarse que con el amigo de "la mañana", sin duda uno de los mejores programas de comedia que ha sonado en el transistor los últimos años).

Un saludo.

5/6/09 09:25

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner