Boquiabiertos
Así nos quedamos después de leer el excelso y profundo a la par que plástico y visual artículo de Pilar García Negro, primer premio del afamado “Concurso de artigos normalizadores” del Concello de Carballo. Podríamos entrar a realizar múltiples reflexiones sobre el mismo, como el pequeño detalle de que comparar a lenguas con personas resulta claramente excesivo y equívoco (cuando son las lenguas herramientas que las personas utilizamos), que la comparación con la escena de Bagaría es de por sí absurda e irreal, que el gallego es en Galicia igual de “inevitábel” que el castellano (y gracias a Dios), y que, sobre todo, premiar desde una administración pública un artículo que con todo descaro busca la confrontación y nunca el entendimiento, es cuando menos censurable. Pero debemos confesar que expresiones tan desbordantes como “silueta moral”, “uso megafónico multiestendido”, “limitadamente funcional... cunha capilaridade reducida”, o “xustiza ecolingüística”, se han ganado nuestro corazón, y no podemos por menos que deleitar a nuestros lectores con tan insigne lección, que nuestro bien querido gobierno local ha tenido a bien premiar y difundir en todos los medios:
Bagaría (1882-1940), o extraordinario debuxante que nos deixou magnífica caricatura de Castelao, é o autor dunha viñeta en que aparecen dúas nenas: unha, no primeiro plano, toda descomposta, a berrar e a carpir; a segunda, nun recanto da escena, apouvigada e maltratada. A voz autorial pregúntalle á primeira: «Como choras tanto, se é ela a ferida?» «–Si, pero como mira para min!», quéixase a impostora. De modo e maneira que o pecado da marxinada é existir, ser testemuña da histeria da falsaria. Sempre me chamou a atención esta estampa, por me suxerir a alegoría perfecta dun episodio significativo da nosa historia lingüística actual. Dáse a circunstancia de que, no binomio de linguas presentes na Galiza, unha delas ocupa, en todos os sentidos, o primeiro plano. É a lingua oficial do Estado, a lingua ubicua, a lingua inevitábel, en definitiva. A outra berra moito menos, porque é, aínda, en gran parte, unha lingua underground, isto é, encaixada nos usos que a sociolingüística denomina primarios, as «palabras que leva o vento», que di o refrán...
A estampa de Bagaría encerra unha profunda lección para a veraz interpretación da cuestión lingüística nos nosos días. Ela debuxa unha silueta moral e procura a fisionomía interior das cousas, tal e como afirmaba o humorista catalán. Do mesmo xeito, a realidade lingüística galega actual non é interpretábel desde as aparencias senón desde os datos obxectivos. Os que máis se fan notar non son as vítimas dunha situación disimétrica entre as dúas linguas, o castelán e o galego. O paradoxo reside en que quen máis e máis alto protesta é quen menos razóns ten para o facer, xa que o suposto elemento agraviado –a lingua oficial do Estado– está sobreprotexido, non só por unha lexislación prescritiva senón por un uso megafónico multiestendido, que determina que esta sexa, na sociedade galega, unha lingua inevitábel. En troca, a lingua galega aínda é limitadamente funcional, cuantitativamente pequena e, sobre todo, cunha capilaridade reducida; isto é, segue a ser unha lingua regulada ou concentrada en usos manifestamente mellorábeis.
Non outra cousa –a mellora manifesta e programada– é o que define a normalización de calquera lingua que o precisar. No noso caso, o galego. Os parámetros de normalidade que caracterizan unha lingua como o español han de alimentar igualmente unha lingua como a galega. Do contrario, estarase a dialectalizar implicitamente o galego, contravindo así todas as definicións científicas, históricas e legais de que é obxecto. Os nosos antepasados, desde o século XIX, embarcáronse nun proxecto de rehabilitación da lingua do país; primeiro, na literatura; progresivamente, en todos os outros dominios públicos. A presenza que ninguén discutiría para o español en Madrid ou para o francés en París resulta desconcertante cuestionala, en proporcións ben máis pequenas, para o galego na Galiza. É aquí, para as galegas e os galegos de hoxe, onde e para quen o galego debe existir, se formos respectuosos coa lóxica e mais coa xustiza ecolingüística. A ensinanza está servida: non quen máis berra, quen máis megafonía ten, está asistido da razón. Será ben preguntármonos polos motivos da nena que figura no segundo plano, ou sexa, polas razóns dos que promoven que ela, na escena, pase ao primeiro plano. A quen nos interesa defender?
Etiquetas: lengua lingua galego galleo español
1 Comments:
Andrómenas...
Xa voltamos á jerra co asunto de sempre.
Que cada un fale o que lle pete.
Que non jasten os meus cartos en tonterías, nin pra defender ó galego nin pra defender ó castellano.
Que vaian todos a paseo, e que nos deixen en paz. O único lujar donde non hai jerra polas linguas é na calle, onde nos falamos o que queremos, con educación.
Jerras coma esta solo sirven para ajochar os verdadeiros problemas: o paro e a **rda de clase política que temos que sufrir.
Iso, andrómenas. Vaia pasear Señora Nejro, Evencio, a Mesa Linjuística, e todos. Eu NON QUERO QUE ME DEFENDAN, deféndome cada ves que falo o que me peta.
Ale, a rañala...
2/6/09 21:15
Publicar un comentario
<< Home