Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 08, 2009

Balance electoral europeo en Carballo


As eleccións ó parlamento europeo celebradas onte en toda España deixan no noso concello unha confirmación, a das tendencias xa reflexadas nas eleccións autonómicas, que tres meses máis tarde se amplían aínda máis.

Porque se a nivel nacional o comentario máis repetido é que a victoria europea do PP afianza o liderato de Rajoy e cuestiona o goberno de Zapatero, en Carballo as cousas van moito máis lonxe. Tanto é así, que se extrapolaramos os resultados a unhas eleccións municipais, os de Sueiro acadarían o goberno con maioría absoluta.

En efecto, a tendencia amosada nas pasadas eleccións á Xunta confírmase nos resultados de onte:

- O PP chega a 5.055 votos, un 48,23 %, ou o que é o mesmo, case 9 puntos máis que hai 5 anos.
- O PSOE logra 3.677 votos, un 35,09%, baixando 3 puntos.
- O BNG continúa en caída libre, e baixa case 7 puntos: dun 19,63 a un 12,90%, cun total de 1.352 votos.

Claro que estes resultados se producen nunhas eleccións de ámbito moi superior ó municipal, nas que solamente votaron un 41% dos posibles electores, e nas que non existe a presenza de Terra Galega. Por iso, ó igual sucede a nivel nacional, calquera comparación debe tomarse con moita precaución, pero o que semella claro é que o cambio de tendencia detectado o día 1 de marzo non está a facer máis que incrementarse, e que o tándem Evencio-Viña terá que poñerse as pilas se non queren deixarse comer a merenda por un Sueiro que, de seguir nesta progresión, non precisaría de Terra Galega para chegar á alcaldía por si só.



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

A miña noraboa ós gañadores.
Non poñades aínda o champagne a enfriar.

9/6/09 13:31

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner