Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, junio 09, 2009

Sorpresa!


“A comisión sorprende pola súa capacidade para facer a mellor das festas posible”. Isto ven de dicir o alcalde, e nós non lle imos levar a contraria. Porque a mellor das festas posibles non sabemos se serán, pero sorprender, abofé que nos sorprende cada ano a comisión do San Xoán.

Cun par de días de retraso abordamos o asunto que máis xogo está a dar nas tertulias carballesas estes días, aparte do asceso do Bergan. O pasado sábado facíase público o cartel das festas de San Xoán 2009. Un cartel que en anos anteriores era obxecto de preguntas dende moitos meses antes: “¿e logo quen ven ó San Xoán este ano?” Eran os tempos de Juan Pardo, Amistades Peligrosas, Amaral, OBK, La Unión, Presuntos Implicados, Bisbal e Chenoa, Duncan Dhu, Melendi, Luz Casal… de música para paletos, vamos. Por sorte os tempos teñen cambiado e agora as xentes que xestionan os cartos públicos adicados ás festas xa non apostan por españoladas nin por trapallada desa que escoita o vulgo nos 40 principales, senón que nos educa amosándonos as boas atraccións que o mercado non nos permitía coñecer. Despois de “cimas” musicais coma a Mala Rodríguez, este ano chegamos por fin a unha edición sin ningún nome recoñecible polo gran público. Porque ademais do festival Rockin Praza, teóricamente adicado a grupos de rock alternativo e descoñecidos polo 99,9% dos carballeses (non vaimos traer a Los Suaves, que se nos pode encher a praza de xente e iso pode ser terrible), as atraccións principais serán os granadinos Lori Meyers, música pop que tamén tira a alternativo, e Dios salve a la reina, un grupo argentino que disque toca moi ben as cancións de Queen. E como o aire “indie” das festas de Carballo ten que chegar a todos os niveis, as tradicionais orquestras das verbenas non ían ser menos. As contratadas para este ano serán a Costa Oeste, Trébol, Satélites, Gran Parada, Ciclón, Marbella e TVG. Nin rastro de ningunha das grandes do momento, que tamén poderían ter enchido a nosa praza de xente vulgar e pouco culta, tan desagradable e inapropiada para o San Xoán que queremos.

Porque para iso as festas as pagamos todos os carballeses, e este tipo de festas son as que queremos, ¿ou non?



Etiquetas: , ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner