Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, julio 02, 2009

A UPG controla o BNG comarcal


O BNG elexiu o seu novo Consello Comarcal de Bergantiños. O resultado foi o previsible, dado que a UPG -por medio da súa candidatura patrocinada, ApU-, controla o BNG de Carballo. O carballés Vítor Recarei (funcionario do Concello de Carballo) foi nomeado novo responsable comarcal, en sustituación de Xosé Regueira. E como vicerresponsable, outra upegalla, a ex – delegada da Consellería de Cultura Miragres Lantes.

Xunto cos tres citados, forman parte do novo Consello outras sete persoas, entre as que se encontra o alcalde Evencio Ferrero. Dos restantes integrantes, mutismo absoluto (o habitual secretismo da "U"). Lóxico: trátase de non escorrentar aos votantes; especialmente en Carballo, onde se coidan moito de aclarar que o alcalde é da UPG: non vaia ser que lles collan medo.

Pero non estaría de máis que, sendo honestos, manifestaran claramente cal é en realidade o seu programa político. Por exemplo:

“Declaración de soberania nacional da Galiza en aplicación do direito de Autodeterminación”

“Nacionalización do solo urbano, nun proceso de estatalización progresiva das edificacións urbanas, e fixación polo Estado do prezo do aluguer”.

“O galego será o idioma oficial do Estado democrático galego. Consecuentemente, o ensino fará se en galego en todos os níveis. O ensino será nacionalizado e estatalizado axustando se aos princípios de gratuidade, obrigatoriedade, até os 18 anos, laicidade e coeducación de sexos.”

Estarían os carballeses dacordo con esas ideas se Evencio Ferrero lles explicara claramente que eso é o que pretende para Carballo e para Galicia? Que pensades, seguiríano votando?



Etiquetas:

9 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Poderiamos tamen falar dos cargos do PP que antes foron de Falange. A UPG é un partido comunista, nunca o negaron, soberanista, tampouco o negaron, que eu sepa nunca se enganou a ninguén, e deberiades respetar unha decision democratica cousa que vos, o PP, non sempre podedes dicir o mesmo...

2/7/09 21:11

 
Anonymous Anónimo said...

¿Por qué poñedes a aclaracion de Victor recarei como funcionario do concello? Si nos poñemos a contar os enchufados que hai no concello que entraron con Varela non nos chegan os dedos dos pes nin das mans. Digoo porque parece unha clara alusion a enchufismo e non me parece obxetivo nun portal de informacion como este, si lle podemos chamar asi.

2/7/09 21:13

 
Blogger Carballo Dixital said...

"¿Por qué poñedes a aclaracion de Victor recarei como funcionario do concello?"

Só poñemos o dato como información da súa profesión. Como se dixeramos que é médico ou enxeñeiro agrónomo, vaia. ¿Hai algo de malo?

En canto aos "altos cargos do PP que antes foron da Falange", non sei qué ten que ver... Non estamos falando do pasado, de cando a UPG non aceptaba siquera as institucións democráticas como o Parlamento de Galicia ("Parlamento de cartón", ou algo así lle chamaban). Estamos axudando a difundir a ideoloxía actual da UPG (o entrecomillado foi sacado da súa web). Non tería que agradecérnolo a UPG? Por qué che molesta que se saiba cal é o progama da UPG? Acaso non estás orgulloso das túas ideas (se é que es da UPG)?

En canto a "respetar unha decisión democrática cousa que vos, o PP, non sempre podedes dicir o mesmo"... parece que ti falas polo BNG, pero: 1º) Nós non falamos polo PP, falamos polo CD, que é un paritdo político distinto :). 2º) ¿Podes decirnos onde di que non respetamos "unha decisión democrática"?

Por certo, non contestas á última pregunta do post...

2/7/09 21:52

 
Anonymous Anónimo said...

Mira que dixen que non volvía por aquí, e sempre caio... A ver se desta cumpro a miña promesa e non volvo...

Todas esas frases o BNG nunca as escondeu, están no seus programas electorais. Se a xente as coñece "ao milímetro" ou non é outra cousa, de aí a que ninguén as escondese, pois non o entendo. Polo demais, calquera desas ideas forza non son para nada ocultas no ideario do BNG. Cantas campañas non levará feito o nacionalismo en defensa do dereito de autodeterminación? Penso que case todos os anos. Cantas pola lingua propia do país? Nin se contan. Cantas en favor dunha concepción distinta das famosas teorías do público e do privado? Milleiros.

E bueno, deberiades documentarvos, falar por falar fala calquera. Non sei quen vos dixo que Milagros era da UPG, mais eu como militante do BNG sei que iso non é certo, independentemente de que estea máis cara un lado ou cara outro.

En fin, a ver se non volvo caer por aquí...

3/7/09 06:41

 
Anonymous Anónimo said...

Por certo, outra tontería, xa do xénero bobo.

"Do resto dos integrantes, mutismo absoluto". Pois eu lin na Voz que se daban a coñecer hoxe venres a través dos medios, pero non me fagades moito caso. Total, difama, que algo queda. Agora, pensar que van ter os membros da executiva agochadiños... que de tonterías se poden chegar a decir.

3/7/09 06:44

 
Anonymous Anónimo said...

Que lea a nova, vaille parecer que existe unha conspiración na sombra para dar un golpe de estado e instaurar unha dictadura marxista no Concello de Carballo.
Por favor, que todo o mundo coñece a Evencio. Un pouco de seriedade.
Eu tamén dixen que non voltaría a este foro. Tamén dixen que me ía quitar do tabaco. Parece que me atrae o insano.

3/7/09 08:15

 
Anonymous Anónimo said...

Este blog se está convertindo no punto de referencia dos do BNG!!.E impresionante como se pican, ja ja. Son como drogadictos. Continuamente dicen: "non volvo a caer aquí", "non volvo a entrar no blog". Van ter que ir a proxecto home blogueros. Pero despois non deixan de escribir mensaxes contra o mundo!!. Veña a defenderse e veña a culpar ó PP incluso da morte de Jesucristo (será polo do "imperialismo", pero eran romanos). Teñen unhas frases feitas, que eu creo que os adoctrinan para que en vez de dicir bos días ou boas tardes solten cousas como: A culpa é do PP, son os netos dos franquistas, quítannos as nosas liberdades, funden os traballadores... Penso que se quedaron nas películas de Pepe Isbert y su colega el comunista, o en las frases típicas y tópicas del desfasado y demostrado inútil marsixmo y del obsoleto manual del socialismo.
Como era... ah sii. Yo tengo unos valores muy profundos, pero si es necesario los cambio.

3/7/09 09:02

 
Anonymous Anónimo said...

O cambio de valores según conveña, dásenos moi ben a todos, que nimguén está libre de pecado.
Comportádevos e seguide opinando neste foro,que se insistimos, ós políticos non os imos a cambiar, pero polo menos farémolo máis entretido.

4/7/09 20:08

 
Anonymous Anónimo said...

Vexamos; estades a tratar en primeiro lugar a UPG como se fose un partido extremísta, coma Nós-UP a FPG ou algo parecido; e é un dos máis conservadores dentro do BNG.
Logo estades, penso eu a aplicar un concepto trabucado, xa que, a idea que ten Evencio para o concello de Carballo, pero que idea instaurar a independencia do Concello; non sexamos ridículos home, dende os Concellos pouco país se pode facer.
Ademáis dicir que é evidente que a UPG non só non esconde a súa ideoloxía (cousa que sería máis ca absurda), senon que baixo o meu punto de vista incluso a esaxera, xa que coido que a UPG é moito menos "esquerdísta" por así dicilo do que di.

7/2/10 06:55

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner