Balneario de Carballo
Atopamos na rede este vídeo que promociona o balneario de Carballo, e aproveitamos estes días de relax estival para reflexionar sobre o presente e o futuro do termalismo en Carballo. Sobre todo despois de ler en datas recentes unha entrevista cun dos seus responsables quen, como era lóxico e xa temos comentado noutras ocasións neste blog, queixábase amargamente do entorno que rodea ó hotel.
Porque resulta bastante difícil explicar a un forasteiro como é posible que un establecemento adicado ó descanso, a tranquilidade e a desconexión co ruido do mundo moderno se atopa literalmente rodeado de pubs e bares, ata o punto constituir o verdadeiro núcleo en torno ó que se desenrola a marcha carballesa nos fins de semana. Unha marcha que inevitablemente acarrea barullo e molestias ata altas horas da madrugada, xusto todo o que queren evitar o nosos visitantes.
Tanto é así que o protagonista da entrevista comparaba a situación carballesa coa de outras localidades termais galegas, coma O Carballiño, para destacar que a capital de Bergantiños está lonxe de acadar o seu verdadeiro potencial na mateira. De feito a meirande parte dos habitantes da nosa cidade vive completamente de costas ou mesmo ignora que no seu interior existe un espacio coma este. Sirva o vídeo para dalo a coñecer e pensar un pouquiño máis sobre o que temos e cómo podemos aproveitalo.
Etiquetas: economía
1 Comments:
Cando queredes, pasades por riba dos problemas coma se fosen ovos.
Será que a culpa do problema, nesta ocasión, non se pode dicir que sexa do Bloque.
Está claro, non se pode entender que se permitira no seu día o establacemento de certos locais nocturnos de redor do balneario.
Pero tampouco se está a facer nada para revertir a situación. E neste senso, sí que ten algo que ver o Bloque.
12/8/11 09:10
Publicar un comentario
<< Home