Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, julio 08, 2011

Tempo de prórroga



A semana pasada deixábanos o ultimátum de 24 horas dado polo presidente previsiblemente saínte do Bergantiños. Un límite que espertaba as alarmas no mundo deportivo e non deportivo carballés e que nos tiña en vilo na fin de semana.

Mais semella que o prazo límite non foi tan límite, e que agora mesmo nos atopamos nun tempo extra, un tempo de prórroga no que se suceden as conversas co Concello e con distintos empresarios e persoeiros carballeses para testar a súa posible implicación no proxecto do primeiro clube de fútbol da localidade.

Seguiremos atentos ós acontecementos. E falando de prórroga, nós queremos lembrar outro tempo de engadido inesquecible que vivimos justamente fai un ano por estas datas. Oxalá a prórroga do Bergan remate tan ben coma a do mundial de Sudáfrica.


Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner