Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, junio 30, 2011

Acábaselle o osíxeno ó Bergan


No día de onte o presidente saínte, Javier Souto, facía un chamamento desesperado: 24 horas para que alguén se faga cargo do Bergantiños F.C., ou un dos clubes históricos do fútbol galego, que militou anos na 2ªB e acadou aquela famosa eliminatoria de Copa contra o Rayo Vallecano, desaparecerá.

Hoxe remata o prazo para a presentación de candidaturas, e cando menos nós non coñecemos a ningún valiente disposto a dar un paso á fronte. Se finalmente se consuma a traxedia, non só desaparecería o primeiro equipo que este ano acadou a permanencia na Terceira División, senón que tamén se irían con el outros 6 equipos de categorías inferiores, onde os nenos carballeses demostraron todos estes anos conformar unha canteira con moitisimo futuro.

Así as cousas, o propio Souto apuntaba á necesidade de última hora de que o Concello dea un paso adiante e se faga cargo da situación para salvar o que sería unha verdadeira traxedia deportiva.

Etiquetas: ,

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Espero que o Concello non poña nin un duro no futbol...

30/6/11 20:05

 
Anonymous Anónimo said...

Ou sexa, os directivos dos clubes énchense o peto de cartos e dalle sueldazos aos seus xogadores, e como agora se lles acaba o choio hai que darlle cartos, non? Por min que se arruinen.

30/6/11 21:25

 
Anonymous Anónimo said...

Pois a min gustaríame saber cantos pesos pon o Concello incluindo o Patronato cada ano en:
- Bergantiños FC
- Xiria Balonmán
- Carballo Basket
- Escola Lubiáns
- Clube Natación
- Xiria volei
- Liga FS
E canto pon nos demáis clubes deportivos. Se Evencio presume tanto de transparencia, paréceme que o que se fai cos cartos de todos debería estar clariño.
Pero seguro que sería tan sorprendente que nunca veremos tal cousa.

30/6/11 21:26

 
Anonymous Anónimo said...

porque non se pon Sueiro de presi, que bota ali o dia. Hai moito enchufismo e favoritismo nese equipo, non me da pena ningunha.

30/6/11 23:21

 
Anonymous Anónimo said...

Al post del 21.26 le doy la reazón deberíamos saberlo, incluyendo subvenciones contratos, y métodos varios.Que imaginación este concello la tiene desbordante.

1/7/11 20:11

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner