¿Carballo terá diputado en Madrid?
Onte coñecíamos a noticia de que a diputada nacional Belén Docampo sustituía a Diego Calvo (que pasará a ocupar a presidencia da Diputación) como superdelegada da Xunta na provincia. Resulta sorprendente que os medios locais de Carballo non foran conscientes da repercusión desta nova, xa que supón que a nova delegada abandona a Carrera de San Jerónimo, co que corre a lista do PP e tócalle entrar como diputado ó número 6 da candidatura, que é o ex alcalde de Carballo Manuel Varela Rey.
Así pois, Carballo pode ter diputado nacional. Decimos que “pode”, porque a Varela pode non interesarlle. Explicámonos: hai grandes posibilidades de que Zapatero adiante as eleccións xerais ó mes de novembro (posiblemente o día 27), co que as Cámaras se disolverían un par de meses antes (setembro). Así pois, Varela sería diputado durante un par de meses, coincidindo co verán, onde non hai sesións parlamentarias. É decir, sería diputado para nada. Pero a cambio debería deixar (supoñemos) o posto de xefe territorial da Consellería de Cultura na provincia. Dubidamos de que cambie un posto polo outro, salvo que se lle garantice que irá en posto de saída na próxima candidatura do PP ó Congreso.
Etiquetas: política local
4 Comments:
pódevos a paixòn. creo que o seguinte diputado é Manuel Rey Varela actual alcalde de Ferrol, pero o desexo ás veces supera ao coñecemento.
20/6/11 10:03
pódevos a paixòn. creo que o seguinte diputado é Manuel Rey Varela actual alcalde de Ferrol, pero o desexo ás veces supera ao coñecemento.
20/6/11 10:04
O alcade de Ferrol chámase José Manuel Rey Varela. O teu coñecemento tampouco vai lonxe.
22/6/11 09:35
Non sei que será peor dos bloqueiros, esa envexa ( rabexa?) ou o fondo resentimento que lles impide recoñecer o mais mínimo éxito alleo. E mira que esta vez era facil. Bastaba con repasar as listas do ano 2008 para resolver a cuestión Pero que vá¡¡¡ na dubida, mentiras.. e a matar¡¡
28/6/11 11:52
Publicar un comentario
<< Home