Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, junio 30, 2011

Unha de cal e outra de area


Dúas novas importantes nos chegan estes días dende Santiago. A primeira, a de area: Industria ven de aprobar o parque eólico de Pedrarrubia. Ben é certo que esta noticia era de agardar, porque despois de que o proxecto pasara o trámite ambiental hai xa máis de dous anos, xa sabiamos que a autorización viña obrigada e só era cuestión de tempo. Con todo, hai un ano mantiñamos a esperanza de que, a pesar de obter o permiso, finalmente as circunstancias económicas obrigasen á empresa a aplazar a obra. Mais semella que non vai ser así, porque onte o BOE afirmaba que nos vindeiros meses veremos comezar os traballos para levantar as torretas por parte da concesionaria, Galenova. Tamén descubrimos con sorpresa que a oposición á instalación deste parque eólico foi menguando, probablemente porque moitos propietarios chegaron a acordos coa empresa. Semella inevitable que nos teñamos que afacer a ver muiños de vento cando miremos terra adentro dende a costa do noso concello.

A de cal chega neste caso dende a Consellería de Infraestructuras, porque o conselleiro comparecía de novo onte para confirmar que as obras da autovía Carballo-Berdoias escomezarán na primeira semana de agosto. Seguiremos atentos.

Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner